6/2/08
O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR
Agustín Fernández Paz, Xerais, 2007.
Que mellor mes que este para devorar este libro de relatos de amor que o autor galego acaba de publicar, nunha edición moi coidada e fermosamente ilustrada por Pablo Auladell.
(Se queres coñecer o traballo deste ilustrador preme aquí:
http://www.apiv.com/GUIA/gw1/FICHAS/023/M.htm)
Nel atopamos dez historias de amores adolescentes, amores platónicos ou imposibles, amores eternos, máis alá da morte, amores reais ou soñados ... e, sobre todo amor aos libros e ás mil maneiras de falar de amor a través da poesía e da prosa. Agustín adorna case tódolos seus relatos con citas literarias que nos despertan as ganas de beber xunto con el desas fontes literarias que o inspiran. Un libro de lectura fácil e amena que ademáis nos abre portas a outros autores como Auster, Valente, Yeats, Neruda ou Salinas.
Os máis fermosos: "Un radiante silencio" e "Un río de palabras". De feito, anímovos a facer nos nosos centros o que o protagonista do relato fai no seu barrio... pode que resulte.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ai, que intriga!!!! E que fai, que fai? Anda, dimo!
ResponderEliminarIsto é fomento da lectura, si señor!!
ResponderEliminarDespois de ler a vosa entrada non penso deixar de mercar este libro. Moita poesía e saber que fará este home no seu barrio... Quen se pode resistir??
Apertas dende Fene