A Biblioteca tamén participa no proxecto En versión Orixinal a través do Proxecto Booktrailer.
Se che gusta ler e tamén contar historias coa túa cámara, a biblioteca escolar estás invitado a participar no Proxecto Booktrailer.
Que é un booktrailer?
Ao igual que os trailers cinemátográficos, o booktrailer é un video curto que conta, a través de imaxes fixas ou en movemento, efectos sonoros, música e palabras os aspectos máis atractivos dun libro para atraer aos lectores.
Un booktrailer suxire, presenta a trama, pero non nos desvela o que vai suceder... Aquí podes ver un exemplo:
Como podes participar?
Pasa pola biblioteca, ou escríbenos se es unha mamá ou papá ou ex-alumna (equipobiblio@gmail.com).
Escolleremos contigo un título do teu interese, preferiblemente unha novidade, e unha vez que o leas, axudarémosche a elaborar o guión e gravar o teu booktrailer.
Escolleremos contigo un título do teu interese, preferiblemente unha novidade, e unha vez que o leas, axudarémosche a elaborar o guión e gravar o teu booktrailer.
Non precisas unha cámara profesional, podes facelo co teu móbil ou trablet ou incluso facer unha montaxe de imaxes fixas no teu ordenador.
Quen poderá ver o meu trailer?
Utilizaremos códigos QR para difundir o teu trailer, de maneira que calquera que leve ese libro en préstamo ou escanee o código nos carteis de promoción nos corredores, poderá visionar o teu trailer e decidir se se anima a ler o que ti lle propós.
Anímate a amosarnos o teu talento creador!
Axúdanos a difundir as NOVIDADES de lectura!
Colabora coa túa biblioteca!
E se queres curiosear máis sobre Booktrailers e bibliotecas escolares, consulta o noso taboleiro de Pinterest:
No hay comentarios:
Publicar un comentario