8/10/14

A HISTORIA ILUSTRADA

Neste primeiro trimestre de curso faremos unha longa viaxe no tempo.
Percorreremos épocas e lugares remotos e próximos, seremos testemuñas de grandes acontecementos, uns espectaculares, que desexaríamos ter presenciado; outros terriblemente dramáticos, que oxalá nunca tivesen sucedido. Aprenderemos da Historia para construír a nosa propia historia.
Unha historia contada con palabras e con imaxes, fermosa e coidadamente ilustrada.
Pronto adornarán os corredores do cole un montón de álbumes ilustrados, cómics e libros informativos que nos acompañarán nesa fermosa viaxe.


 Presentación editorial: La casa

Entre elas esta fermosa obra, La casa, de Roberto Innocenti e Patrick Lewis, onde, sen necesidade de palabras, percorremos un século de historia a través desa fermosa casa.
"Fixérona de pedra e madeira pero, co paso do tempo, as súas ventás comezaron a ver e as súas cornixas a escoitar. Veu medrar familias e caer árbores. Escoitou risas e disparos, coñeceu tormentas, martelos e serras, e finalmente, foi abandonada. Moito tiempo despois, un día, uns rapaces aventuranse baixo a súa sombra na procura de cogumelos e castañas, e volveu nacer co amencer da idade moderna..." (Presentación editorial).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN