1/12/13

MOSTRA DE POSTAIS PARA O NADAL

A pesares de que andamos todos enganchados ao Whatsap...

A quen non lle gusta recibir unha fermosa postal de Nadal?

A pesares de que todos sabemos que Papá Noel vive en terras polares
Quen non prefire unha postal decorada coas paisaxes dos nosos bosques, vilas ou cidades?


Atréveste a crear a túa propia postal?

A Biblioteca Escolar e o Equipo de Normalización Lingüística convídanvos a participar na nosa MOSTRA DE POSTAIS PARA O NADAL

  • Poderán participar todos os alumnos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.
  • Única condición: ser creativo.
  • Deberán deseñar e redactar unha postal de Nadal para unha persoa especial e moi querida, en lingua galega.
  • O soporte da postal será unha cartolina que lle será entregada polo profesor titor ou calquera dos profesores responsables de biblioteca.
  • Por suposto que os alumnos de Educación Infantil e Primaria poderán contar coa axuda das súas familias.
  • As postais deberán entregarse na biblioteca antes do 13 de decembro.
  • Os traballos estarán expostos durante a semana do 16 ao 20 de decembro nos corredores do centro.
  • día 20 de decembro os autores das postais expostas poderán recollelas para poder entregalas aos seus destinatarios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN