1/12/13

ADEUS, 2013; OLA, 2014!


Remata un ano máis e toca despedilo para comezar outro. É o momento de repasar o pasado e facer propósitos para o futuro.
Nada máis inspirador para artistas coma vos que un cambio, unha despedida, unha ilusión nova, unha esperanza…
E coma neste cole de artistas andamos ben servidos, este concurso é para vos.

Animádesvos a participar?


Escribe un poema, un relato, unha reflexión, unha carta ao ano que empeza, un adeus ao que remata, ilústrao como máis che guste e entrégao na biblioteca antes do 13 de decembro (ou mándanolo por e-mail a equipobiblio@gmail.com).
Poderán participar:
·         alumnos de 4º a 6º de Educación Primaria
·         alumnos de 1º a 4º de ESO
·         profesores, pais, nais e persoal  non docente 

Admitiranse os seguintes formatos:
·         TEXTO SIMPLE
·         TEXTO ILUSTRADO
·         DIAPOSITIVAS EN POWER POINT
·         IMAXE, VIDEO, SON…

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN