13/2/13

AMOR EN TEMPOS DE CRISE


Última hora!

Debido aos incesantes recortes no seu orzamento para frechas namoradizas, afectado intensamente pola crise económica, desanimado, triste, desmotivado ... o deus Cupido ven de facer pública a súa intención de facer folga de frechas caídas o día de mañá, 14 de febreiro.
Publicamos urxentemente este aviso para comunicarvos, namorados e namoradas, que non poderedes facer uso dos seus servizos.
É por iso que haberá que buscar outras alternativas para conquistar os corazóns dos vosos amados ou simplemente para mostrarlles o voso cariño sincero: as palabras de amor.

Bulide a por elas á biblioteca, poden esgotarse, a súa cotización en bolsa está a se elevar e comezan a escasear nas tendas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN