26/1/13

A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL NA REAL ACADEMIA GALEGA


Esta semana, todos os que amamos a literatura infantil e xuvenil na nosa lingua estamos de festa, pois a nosa queridísima Fina Casalderrey ven de ser nomeada numeraria da Real Academia da Lingua Galega. 
Por primeira vez unha autora de literatura para nenos e mozos vese recoñecida nesa institución, e esperamos que non sexa a última.
Se facedes unha sinxela busca no noso catálogo, comprobaredes que son moitísimos os títulos que coñecedes desta grandísima escritora, títulos que, de seguro vos deixaron pegada, pois ela sabe, coma poucos, chegar aos nosos corazóns para facernos rir, chorar e emocionarnos...
Ela cociña as palabras para construir historias, as veces moi duras, outras tenras e riseiras. E faino con tanto mimo coma a masa de cada empanada que prepara na cociña do seu fogar. Iso é o que fai únicas cada un dos seus relatos. 

Dende a nosa Biblioteca Escolar,  Noraboa, querida Fina, e moitas grazas por todas as túas fermosas historias!!!



 








No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN