28/9/12

Están tolos, estes romanos!

Por primeira vez en moito tempo, un grupo de valentes e curiosos alumnos de 4º de ESO están a mergullarse nos misterios da lingua latina e na apaixoante cultura da Antiga Roma.

Para eles e para todos os curiosos afeccionados ao mundo romano foi elaborada esta guía de lecturas e cine, que, de seguro ilustrarán a súa persoal e emocionante viaxe no tempo.

Bulide, todos os títulos están á vosa disposición na nosa biblioteca, e abrimos as nosas portas o vindeiro luns 1 de outubro.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN