1/7/12

Tu y yo

Semella o título dunha novela romántica, pero non o é. Moi breve e de lectura amena, atrápate dende a primeira páxina e obrígate a rematar a novela nunha soa sentada.
E cando pechas o libro, quedas coa sensación de que quererías ter sabido algo máis de Lorenzo e de Olivia. Pero a súa historia rematou, xa non é posible volver atrás.

Unha historia tan crúa e fermosa coma breve na que o autor (Niccolò Ammaniti) consigue que coñezas a fondo aos persoñaxes, os comprendas e te emocionen en pouco máis de 100 páxinas.

Lorenzo e Olivia son irmáns pero case non se tratan, ata que pasan xuntos unha semana agochados nun soto cheo de trastos vellos. Ambos fuxen das súas pantasmas e xuntos loitarán por librarse deles.
Un fantástico retrato do mundo interior dun adolescente difícil e dunha moza que paga as consecuencias de vivir demasiado rápido.

Para non perderse! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN