19/7/12

Os fillos do mar

 
Se vos enganchou Domingo Villar tedes que ler esta novela de Pedro Feijoo
De novo a cidade de Vigo como marco, e de novo unha intrigante trama con mortes sospeitosas, narcotraficantes, personaxes misteriosas, antigos tesouros, acción, intriga e emocións intensas.
Un arquitecto modesto recibe unha extraña encarga dunha vella multimillonaria, restaurar unha antiga fonte na súa finca señorial en Canido. Se Simón soupese todo o que lle ía acontecer tras aceptar ese, aparentemente sinxelo, traballo, tal vez tería dito que non a tempo.
Ou tal vez non, porque de non telo aceptado non coñecería a Mariña, nin viviría emocionantes persecucións en planeadora pola ría nin se tería mergullado na Cova do Inferno na procura do tesouro dos galeóns de Rande.
Nunca se sabe as emocións que se nos poden presentar así que, xa sabedes, nunca digades que non a unha encarga aparentemente sinxela ou aburrida.
E, dende logo, non deixedes de ler esta emocionante novela.

Ah, e que saibades que Pedro Feijoo tamén é músico e que ten publicada en Xerais unha interesante obra sobre o pop galego e as peripecias e dificultades polas que hai que pasar para montar unha banda de rock, ¡Viva o Fu Remol!, que tamén vos recomendamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN