21/6/12

Lecturas de verán


Queridos libro-adictos:
Sabemos que non é doado pasar un verán enteiro coa biblioteca pechada, sabemos ben o que se sofre...
Pero xa non debedes de preocuparvos, unha nova modalidade de mochilas viaxeiras, as mochilas de lecturas de verán, son a solución!
Poderedes levar ata un máximo de 10 libros para saborear con calma durante este tempo de descanso, sempre que cumplades as seguintes condicións:

  • Non ser lector moroso
  • Coidar de cada exemplar coma se sexa teu
  • Non enchelos de area nin manchalos de crema solar
  • Gozar coa súa lectura
  • Devolvelos sans e salvos a primeira semana de setembro.

Solicitádea XA na biblioteca!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN