5/5/12

A nosa Vila de Nil

Hoxe queremos mostrarvos a fermosa recreación dos personaxes de Mil Cousas poden pasar que os rapaces e rapazas de 3º de Primaria fixeron coa súa profe, María José.
Un traballo fermosísimo, que o propio Jacobo poido mirar e dedicar aos seus autores, e que se atopa na biblioteca para quen queira miralo ben de cerca.


 Só nos resta felicitar aos pequenos artistas: Nicolás, Lauren,Sara, Adrián, Carla, Erika, Paula, Manuel, Andrés, Juan Carlos, Antonio e Lara.
Noraboa e moitas grazas por compartir con nós o voso traballo, rapaces!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN