14/5/12

COMECOCOS 2012

Un ano máis poñemos a traballar os vosos cerebriños coa edición 2012 do noso Comecocos!
Nesta ocasión, e por coincidir co mes das nosas letras, a súa temática é exclusivamente galaica.
Xa están os equipos tomando posicións, uns máis adiantados que outros, pero que ninguén desepere, que aínda quedan preguntas por diante e moita neurona que expremer.
Xa sabemos que coñecedes de sobras as bases do concurso pero queremos recordarvos o sistema de puntuación:
  1. As preguntas dos luns e venres valen 1 punto.
  2. As preguntas dos mércores: Descobre ao personaxe oculto, valen 2 puntos.
  3. O preguntón final, que se publicará o luns 28 de maio, valerá 3 puntos.
Un aviso, as nosas intrincadas preguntas pretenden que vos rompades os miolos por atopar a resposta pero sabemos que sodes agudiños de sobra para poder con todas elas. Non vos rindades, e sobre todo, non deixedes de responder a ningunha pregunta ou o voso equipo quedaría descualificado.
Ánimo a todos e que gañen os mellores!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN