11/2/12

O MEDIO AMBIENTE: A NOSA RESPONSABILIDADE

O tema das actividades que desenvolverá a Biblioteca Escolar neste trimestre é o MEDIO AMBIENTE, O RESPECTO POLO MEDIO NATURAL, a LOITA POLA SOSTENIBILIDADE e a educación no CONSUMO RESPONSABLE e a RECICLAXE.
Este proxecto concretarase nunha serie de actividades de participación libre e voluntaria. Dende a biblioteca invitamos a todos os profes a incorporalas na súa actividade docente e a pais, nais e rapaces a participar activamente en cada unha delas.
As actividades son as seguintes:
  1. Exposición bibliográfica de fondos, organizada nas seguintes seccións:
  • A TERRA, O NOSO FOGAR: Libros e DVD informativos sobre a riqueza natural do noso planeta.
  • QUE PODO FACER EU?:Libros informativos sobre conservación da natureza, reciclaxe, consumo responsable e sostenibilidade.
  • SOÑANDO UN MUNDO MELLOR:Obras de ficción que reflicten de diversos xeitos a importancia de coidar o noso medio natural e as tráxicas consecuencias da súa explotación, maltrato ou abandono.
  • A ARTE DE RECICLAR: Libros nos que aprender mil maneiras de reutilizar materiais de refugallo e ser creativos reciclando.
(Todos os libros expostos poderán levarse en préstamo)

2. Exposición O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción do 22 de febreiro ao 9 de marzo nos corredores do noso centro. (Cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

3.Concurso CREA RECICLANDO: para todos os alumnos do centro. Poderedes presentarvos individualmente ou en grupo. Todas as obras conformarán a exposición A arte de reciclar e un xurado premiará as mellores obras.

4. MAPA DE PUNTOS NEGROS do noso concello. Recolleremos todas aquelas fotografías que nos entreguedes daqueles lugares onde non se están a respectar as normas de limpeza e coidado da natureza: vertedoiros ilegais, lixo nos ríos ou regatos, animais mortos abandonados, etc.. Exporemos o mapa de puntos negros do concello e elaboraremos coa vosa axuda un dossier informativo co resultado da investigación.

5. Que podo facer eu? Enchede os paneis que rodean a biblioteca coas vosas pequenas aportacións á conservación do medio ambiente, todo aquelo que cada un de nós pode facer para coidar o noso planeta.

4 comentarios:

  1. Nos encanta vuestro blog, saludos desde La Coruña!

    ResponderEliminar
  2. Nice Post! I learned a lot information this post. Thanks for the effort you took to expand upon this post so thoroughly. I look forward to your future posts.

    ResponderEliminar
  3. Muy bueno post.
    www.miscigenadamenteafro.blogspot.com

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN