22/1/12

A forza do cariño

Unhas poucas veces na vida temos a sorte de atopármonos con persoas marabillosas. Case sempre sucede por azar e nos lugares ou momentos máis insospeitados. Persoas que, sen saber por que, sabes que ocuparán para sempre un espazo no teu corazón.

Convén gozar da súa presenza, espremer o zume da súa compañía e saborer as súas palabras intensamente porque, igual que aparecen, poden, inesperadamente, volver a desaparecer.

Iso foi o que lle pasou a Lea con Theo. Unha tarde, cando chegou a pasar a fin de semana con seu pai, abriulle a porta unha muller descoñecida chamada Theo. Non era coma as demáis amigas de papá, falaba cun acento estrano e contaba unhas historias fermosísimas sobre heroes e reis antigos.

Theo conquistou o corazón de Lea e Lea o corazón de Theo, pero a relación con seu pai rematou e, un bo día, Theo desapareceu.


Lea medrará con Theo sempre presente no seu corazón e un bo día decidirá buscala. Conseguirá volver a vela?


Querida Theo é un fermoso relato sobre a amizade, a familia e os irrompibles azos do cariño escrito por Anne Vantal e fermósamente ilustrado por Gabriel Hernández Walta que non vos podedes perder.

2 comentarios:

  1. No pude resistirme a leer este libro despues de leer vuestro comentario. Esta tarde lo he terminado y me ha gustado mucho más que mucho.
    Lo voy a recomendar a todo el mundo.
    ¡Felices lecturas!

    ResponderEliminar
  2. No sabes lo que nos gusta, Encarna, saber que has saboreado este libro tanto como nosotras. ¡Gracias por tus palabras!

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN