15/1/12

Insu-Pu, la isla de los niños perdidos




Dende moi antigo podemos atopar na literatura infantil e para adultos relatos de rapaces e adultos que teñen que sobrevivir sos na natureza. Xente que, por diversos motivos, en solitario ou en grupo, vese obrigada a prescindir de todo o superfluo para ocuparse exclusivamente de alimentarse, durmir a cuberto e protexerse dos perigos da vida salvaxe.

Robinson Crusoe, O robinsón suizo, Venres ou a vida salvaxe, El salvaje, He jugado con lobos, El libro de la selva, El señor de las moscas ou mesmo Tarzán son algúns exemplos.

Nesta obra de Mira Lobe serán 11 rapaces, con idades entre os 9 e os 15 anos, os que sobrevivirán máis de 6 meses nunha illa en medio do océano. Nenos e nenas de familias ben diferentes, uns ricos, outros humildes, uns cultos e refinados, outros afeitos a traballar dentro e fora da casa, pero todos fuxindo dunha guerra que asola o seu país.
O barco que os levaba rumbo a un país en paz, Terrania, ten un percance e o seu bote salvavidas pérdese entre a tormenta.
Nesa illa, chamada por eles mesmos Insu-Pu (Insula puerorum, a illa dos nenos), aprenderán a convivir e organizarse, a aplicar as habilidades de cada un ás diferentes tarefas cotiás, a escoller un líder e a obedecer as súas ordes. Tamén aprenderán a respectarse e a resolver sos os seus conflictos e diferenzas.
Mentres tanto, en Terrania, Michael, un rapaz obsesionado co seu rescate, loitará sen descanso ata conseguir quen lle axude a emprender a busca.
Un relato fermoso, conmovedor e divertido que non vos podedes perder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN