31/05/11

TÚ, Charles Benoit



Chega á nosa biblioteca unha novela de Charles Benoit dirixida a lectores novos e adultos. O seu título é tan directo como o contido da mesma: TÚ.


Empregando un orixinal punto de vista narrativo, a 2ª persoa, o autor mergúllanos na mente de Kyle Chase, un adolescente de 4º de ESO, de aspecto anodino (pantalóns vaqueiros, sudadeira con capucha) e resultados escolares mediocres. Houbo un tempo no que destacaba polas súas notas, pero na actualidade vai cara ao fracaso levado pola súa propia rebeldía. A violencia, o medo, a incomprensión, a indecisión, a dor, a traizón, o amor (por suposto), a amizade... mestúranse ao longo do relato, trazando un retrato moi realista dese universo que enche a existencia de Kyle.


Probablemente non nos sintamos identificados co protagonista, pero de seguro que pasará a formar parte do listado de personaxes inesquecibles que cada lector posúe. Por exemplo, eu vou situar a Kyle xunto a Holden Caufield (O vixía entre o centeo, J:D: Salinger), non só por idade, rebeldía, etc., senón por un rasgo que os dous comparten e resulta conmovedor: o seu amor pola irmá pequena. Nas dúas novelas os momentos en que os protagonistas, Kyle e Holden, conviven ou falan coas irmás (Paige e Phoebe, respectivamente) supoñen un remanso de tenrura e tranquilidade.



Le as primeiras páxinas da novela e opina. Como podes comprobar neste vídeo, esta novela é perfecta para un club de lectura.

30/05/11

GAÑADORES COMECOCOS 2011

O pasado venres, despois de varios días de sufrida espera, por fin desvelamos os nomes dos gañadores do Comecocos Saudable 2011.
Trátase de Jorge García, de 2º de ESO e do equipo Las guerreras de la muerte, formado por 3 espelidas rapazas de 5º de primaria: Paula Negreira, Cynthia Louzán e María Seoane.

NORABOA A TODOS, ESPERÁMOSVOS NO COMECOCOS 2012!

Aquí tedes as fotos da entrega de premios.

21/05/11

Cociñeiros, a escea!!!



Continuamos falando de alimentos, de receitas, de lecturas e de bos momentos, como os que pasarán os alumnos de 6º ensaiando una sabrosa e divertida comedia que pronto representarán para os seus compañeiros.



En canto estean listos para sair a escea poderedes entrar todos no Restaurante Farruco e coñecer o seu curioso menú, aos seus mellores clientes, aos traballadores da cociña e aos seus singulares ingredientes:



  • unha galiña que arrola ao seu oviño recén nacido,

  • unha vaca rebelde,

  • un porco malhumorado,

  • tres chocos rebuldeiros cos depósitos de tinta a rebordar

  • e unha mosca repoluda de comer tanta sopa

Buscade unha boa cadeira, e preparadevos para rir a gargalladas. A diversión está garantida.



E se vos animades a subir ao escenario aquí vos propoñemos outros títulos igual de divertidos e alimenticios que están a esperar por vos nos andeis de TEATRO da nosa biblioteca:











































Bo proveito a todos!

06/05/11

Pequenas cousas

Dos
Son moi pequenas as cousas que fan dun día calquera un día feliz, case ridículas, pero que ben saben!

Unha melodía fermosa na radio, un sorriso, o aroma do xasmín, unha chamada inesperada, a calor do sol na faciana, o intenso sabor do chocolate, un poema fermoso...

Por iso hoxe queremos animar aos máis pequenos a petiscar a sinxela fermosura das palabras que constrúen estes poemas.

Girasoles y sauces,
menta y tomillo,
para que peines
bien tu flequillo.

Flor de malva
y pie de gato,
para abrocharte
el zapato.

Pensamientos y violetas,
para adornar
tus coletas.

Orégano y yerbaluisa,
para agrandar,
tu sonrisa.

(Versos vegetales de Antonio Rubio, e ilustrados por Teresa Novoa)


Yo soy muy diferente de mi cuerpo

él es largo y flaco
yo de cualquier manera

él camina de frente
yo hacia todos lados

él se baña con agua
yo me baño con risa

él de noche se duerme
yo me escapo a los sueños

él se pone viejo
yo no me pongo nada

yo soy muy diferente de mi cuerpo
pero lo elijo entre todos
porque me deja ver por sus ojos

(Palabras manzana de Jorge Luján,ilustradas por Manuel Marín)

Estamos seguras de que, despois de probalos, quereredes máis.

Esperan por vos acompañados de moitos outros versos nestes dous libros:

PASEN E VEXAN