17/02/11

ENCONTROS NA BIBLIOTECA

Cada día sodes máis as nais e os pais que vos animades a solicitar o voso carné da biblioteca. E xa contamos con lectores fieis. Por este motivo estamos a adquirir novos títulos para poñelos á vosa disposición.


A editorial Salamandra está de celebración coa publicación da "Colección X Aniversario", celebración motivada polos seus dez anos de labor editorial e polo éxito dos títulos publicados ata o de agora. O formato desta nova colección responde realmente á denominación "libro de peto", cun prezo máis que axeitado, pero respectando a boa calidade que caracteriza esta editorial.


Queremos destacar unha das obras que forman parte desta escolma: El último encuentro de Sándor Márai. Despois de corenta anos, o encontro entre dous homes xa anciáns, que compartiron unha fonda amizade de xuventude, serve ao autor para reflexionar sobre as relacións persoais e o verdadeiro valor da amizade e o amor. Di un dos personaxes, o xeneral: "A veces pienso que la amistad es la relación más intensa de la vida... y que por eso se presenta en tan pocas ocasiones. ¿Qué se esconde detrás de la amistad? ¿Simpatía? Se trata de una palabra hueca, poco consistente, cuyo contenido no puede ser suficiente para que dos personas se mantengan unidas, incluso en las situaciones más adversas, ayudándose y apoyándose de por vida... ¿por pura simpatía? ¿O se trata quizá de otra cosa?... ¿Habrá tal vez cierto erotismo en el fondo de cada relación humana?".


Máis adiante a reflexión xira arredor da nosa condición de seres imperfectos: "Es la mayor tragedia con que el destino puede castigar a una persona. El deseo de ser diferentes de quienes somos: no puede latir otro deseo más doloroso en el corazón humano. Porque la vida no se puede soportar de otra manera que sabiendo que nos conformamos con lo que significamos para nosotros mismos y para el mundo. (...) Tenemos que soportar nuestro carácter y nuestro temperamento, ya que sus fallos, egoísmos y ansias no los podrán cambiar ni nuestras experiencias ni nuestra comprensión. (...) Tenemos que soportar las traiciones y las infidelidades, y lo más difícil de todo: que una persona en concreto sea superior a nosotros, por sus cualidades morales e intelectuales."


Son moitísimas máis as citas nas que nos podemos mergullar para saborear esta obra magnífica e imprescindible. As lecturas poden e deben enriquecernos, desconfiemos do que nos deixa indiferente e non estimula a nosa mente.

Sándor Márai agarda por ti na biblioteca.

14/02/11

SABOR DE AMOR

Non parece un cuadrilátero de auga estancada coa súa aburrida rutina de natación por prescripción médica o marco ideal para unha historia de amor. Entre salpicaduras, humidade, vestiarios, xente extraña, cloro e a través dunhas gafas empañadas transcorre esta sinxela, tal vez vulgar, pero moi fermosa historia de amor. Con moi poucas palabras pero cunha fermosa narrativa visual de xestos e miradas.

Unha historia corrente, si, pero tan real e tan ben contada que engancha ao lector dende a primeira viñeta ata o seu "misterioso" final.



O seu autor, Bastien Vives, un xoven talento da banda deseñada francesa, foi premio revelación do festival de Angoulème 2009 por esta obra e xa ten publicados en castelán outros dous títulos En mis ojos e Amistad estrecha.
Obras todas elas tildadas por algúns de críticos de "cómic postadolescente" nas que o lector (de calqueira idade) pode gozar dese xeito seu de narrar historias de amor e amizade a través das sensacións e os sentimentos dos personaxes. Uns sentimentos tan próximos ao lector que, efectivamente, coma un adolescente, acaba seducido pola historia ata o final.


Recomendamos especialmente estas lecturas a
  • todos os que cren que a maxia do amor pode aparecer en calquera lugar e a calqueira idade
  • e aos que saben que as máis fermosas historias de amor comezan dun xeito casual, inesperado e fermosamente vulgar.

07/02/11

Un lobo namorado

Miña pequena:
Dende que nos vimos por última vez non podo deixar de pensar en ti. Sinto vergoña de imaxinar a pésima imaxe que te fixeches de min. É todo tan complicado! Se ti puideses saber o que realmente sinto... Se ti soubeses que non quería facer o que fixen, que actuei seguindo o maldito guión aprendido que me inculcaron dende cativo...
Supoño que a ti che pasaría o mesmo, di a verdade, con ese pesado repaso polas miñas orellas, mans, nariz e boca.
Sen embargo, unha chispa nos teus ollos, antes de que botases a correr e aparecese o "chulito" do cazador, díxome que, detrás desta farsa, hai algo máis. Por iso me decidín a escribirte, porque penso que a nosa historia pode ter outro final, a pesar do que digan e do que tantas e tantas persoas escribiron sobre nós.
Sei que vimos de mundos diferentes e que as nosas familias son incompatibles (túa nai non me soporta, e non digamos a túa avoa) pero non podemos rendernos sen loitar por un amor sincero e verdadeiro.
Se estou equivocado, miña Carrapucha, rompe esta carta e esquece que me coñeciches. Se non é así, por favor, respóndeme e unamos as nosas forzas para vivir felices o noso amor sen pensar no que digan ou pensen os demais.

Espero ansioso estar a soas contigo para por fin poder "comerte mellor".

05/02/11

CARTA A SEVERUS SNAPE


Querido profesor Severus:
Sé que no le gustan estas misivas anónimas, pues no suele confiar en la gente. Pero no puedo evitar pensar en usted a todas horas. Desde el año en que llegué a este colegio, usted ha sido mi profesor favorito. El primer día me impresionó su aspecto, su rostro severo como su nombre, su aparente frialdad, su seriedad y sus silencios. Sin embargo, en seguida me di cuenta de que todo aquello era pura apariencia, simple fachada bajo la que se escondía un corazón solitario que había sufrido mucho a lo largo de su vida. Lo descubrí en sus ojos, tan oscuros y profundos como un pozo, con mil secretos que me encantaría desvelar. Me gustaría conocer muchas cosas sobre usted, si le gusta la música, qué hace cuando no da clase, cuál es su animal preferido, con qué sueña cada noche…
Mañana tenemos clase a segunda hora. Lo cierto es que su asignatura no es la que más me gusta, pero solo por tenerle delante y escuchar su voz grave y cautivadora, soy capaz de prestar atención los 50 minutos que dura cada sesión. No soy brillante, no tengo buenas notas, jamás seré una eminencia en la materia, y sin embargo cada día aprendo algo nuevo: su rictus de disgusto ante respuestas erróneas, su mirada perforadora para los alumnos indisciplinados, la leve chispa de sonrisa que asoma en contadas ocasiones a sus ojos, los suspiros que le provocan los días lluviosos y su marcado gusto por el color negro.
Algún día me enfrentaré a mi timidez y me atreveré a hacerle alguna pregunta en clase. Así conseguiré que toda su atención se centre solo en mí. Mientras tanto le envío en esta carta toda mi devoción y afecto.

03/02/11

AMOR CON HUMOR

Chegou febreiro e o AMOR inunda a nosa biblioteca.

Xa sabemos o que dicía Pessoa sobre as cartas de amor, que todas elas son ridículas pero que máis ridícula é aquela persoa que NUNCA escribiu unha carta de amor.

Coma nós non queremos ser ridículos pero si escribir ridículas cartas de amor, esta semana arrincou o noso I CONCURSO DE DECLARACIÓNS DE AMOR CON HUMOR nas seguintes categorías:
  • alumnos de 4º a 6º de Primaria
  • alumnos de 1º e 2º de ESO
  • alumnos de 3º e 4º de ESO
  • adultos: profes, pais, nais, persoal non docente e incluso ex-alumnos ...

Para os máis pequenos tamén está en marcha neste mes de febreiro a I Mostra de Debuxo: "E ti, a quen queres máis?"



Todos os corredores están repletos de cartas, imaxes e libros para inspirarvos así que,

veña, bulide!,

todos mans á obra, que o prazo remata o 10 de febreiro.

PASEN E VEXAN