Y limpié la pizarra de guarismos feos. Ya puse en ella un enorme "Te quiero". En los visillos azules de tu balcón se estampan las ramas del almendro. Dime que no, y verás cómo no te creo. Dime que no tienes, que no tienes en la frente un magnífico recuerdo, y verás cómo no te creo. Dime que no sientes como con yodo del mar el cuerpo y un sabor de olas que refresca tu pensamiento. Dime que no aspiras ni se te van los ojos lejos, y ya verás cómo no lo creo. Dime que no estás rogando a los poderes eternos que se pare el reloj en este momento, y ya verás cómo no lo creo.
Hai cousas tan difíciles de explicar aos máis cativos que, cando atopamos un conto que consegue facer comprensible unha desas incómodas ou dolorosas situacións adultas, non podemos deixar de recomendalos. Lecturas que consideramos indispensables para ler, mirar e comentar en aulas e fogares. Lecturas que, de seguro, emocionarán tanto aos que están a vivir situacións similares coma aos que son sensibles testemuñas das mesmas.
Hoxe presentámosvos dous fermosos traballos da autora e ilustradora Belga Claude K. Dubois.
Una historia a dosfala da difícil relación dunha nena con seu pai despois de que este abandonase o fogar familiar.
Julia está furiosa, non comprende, quere esquecer o inesquecible e mentres, papá tenta facer o mesmo: continuar coa súa vida sen ela.
Ningún dos dous o consegue, ningún dos dous é feliz.
Pero todo cambia cando un día de primavera se cruzan pola rúa.
Un relato breve e sinxelo, cargado de sentimentos a flor de pel que as ilustracións nos amosan case sen necesidade de palabras.
Mi abuela tiene...aborda con tenrura e naturalidade a fermosísima relación entre unha avóa e unha neta ata que a enfermidade de Alzheimer cambia as súas vidas. As sinxelas rutinas das que gozaban sempre xuntas son un marabilloso retrato da complicidade e o enorme afecto que existe entre elas. O xeito en que a nena é quen de asumir os cambios no carácter da avóa e de invertir os roles desa peculiar parella é unha preciosa lección de AMOR incondicional que as ilustracións, unha vez máis, nos amosan sen necesidade de demasiadas palabras.
No ano 1996 a literatura galega, e todos nós, perdimos unha voz fermosa e sensible, valente e próxima, unha voz que foi encasillada por algúns de maldita, unha voz que coñeceu o amor, o sufrimento, o desexo e a morte. Era unha voz única, moi persoal, creada a partir de vivencias e de lecturas, de experiencias e de reflexións.
Estou a falar de Lois Pereiro, escritor e ávido lector (Manuel Antonio, Paul Valéry, Leopoldo Panero, Octavio Paz, Juan Ramón Jiménez, J. P. Sartre, Dylan Thomas, Goytisolo, Kierkegaard, Schopenhauer e un longo etcétera); un poeta especial que nos deixou unha obra breve, pero intensa.
O Día das Letras Galegas deste ano 2011 está dedicado a el e á súa obra. Nos seus libros Poemas 1981-1991 e Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995), atopamos profundos poemas sobre a perplexidade de estar vivo, a pesar da enfermidade, e a ledicia e a responsabiblidade que iso supón, fermosísimos poemas de amor e outros dedicados aos seres queridos que xa morreron.
Un deses poemas de amor está inspirado na película Briefencounterdo director David Lean, unha romántica historia de amor imposible.
BREVE ENCONTRO
Sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
rozándome coas plumas levemente
e desaparecías cun rumor minguante
como a visión dun soño
fracasado.
Serán moitas as homenaxes que este ano se celebren arredor da figura de Lois Pereiro, pero nada como a propia voz do poeta para falar da súa obra.