22/10/11

APÚNTATE AO BO TRATO




Durante os meses de novembro e decembro desenvolveremos un montón de actividades con este fermoso lema: APÚNTATE AO BO TRATO.

Queremos rexeitar xuntos todas as manifestacións de violencia, na casa, na escola, no deporte, no mundo: as guerras, o terrorismo, as pelexas, os insultos, o desprezo, as humillacións...
Por iso rapaces e adultos apuntarémonos ao bo trato a través de todas estas actividades:



  • Exposición “Cartas de Amor”, 15 artistas contra a violencia de xénero.

  • Concurso de relatos "Cartas de amor": Recrea a historia que hai detrás de cada imaxe.

  • Exposición de lecturas seleccionadas sobre o maltrato, a violencia, a igualdade, a tolerancia e o respecto pola diferenza.

  • Cómic colectivo a partir das lecturas recomendadas, reflectindo situacións ou actitudes que non deben ser fronte as actitudes de bo trato ás que todos nos apuntamos.

  • Escribe un lema contra o maltrato e o 25 DE NOVEMBRO, todos xuntos, lerémolos no patio de recreo.

  • Club de Lectura temático sobre igualdade, violencia e maltrato.

E moitas actividades máis nas clases de mates, lingua, música, inglés, cidadanía, ética, francés, historia... que vos iremos contando.


PARTICIPA CON NÓS, APÚNTATE AO BO TRATO!


Aquí tedes a coidada selección de lecturas que vos recomendamos, algunhas algo duras, pois son o espello dunha realidade que entre todos podemos cambiar.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN