6/6/11

Lois Pereiro na voz de Marcos Calveiro




O pasado venres 27 de maio despedimos o mes das Letras Galegas e o ano de Lois Pereiro cunha visita de luxo. Marcos Calveiro, autor da biografía novelada de Lois (Náufrago do paraíso) que todos os alumnos de ESO tiveran o gusto de saborear.


Unha vez máis Marcos cativounos coa súa palabra.


Todos atentos e interesados escoitamos o seu detallado relato sobre o difícil traballo de mergullador nas vidas alleas que tivo que seguir para poder reconstruír, e despois novelar, os momentos da vida de Lois que recolle na súa novela.

Falounos tamén da súa paixón pola poesía de Lois, pola súa estética rompedora e alternativa, e das paixóns de Lois pola literatura, o cine, a música e as viaxes.


Non puido deixar de falarnos tamén de sufrimento, de dor, de amor e paixón, de adiccións e de enfermidades letais.


Amosounos tamén unha fermosa escolma de fotografías familiares nas que a mirada de Lois era a única protagonista, esa mirada que, xa dende neno, o convertía nun ser excepcional.



Reportaxe gráfica do traballo dos alumnos de 4º de ESO a partir da lectura da biografía de Lois e da visita de Marcos Calveiro:


MOITAS GRAZAS, MARCOS!

1 comentario:

PASEN E VEXAN