1/4/11

Receitario de emocións


Cando nos preocupa conseguir unha tortilla máis saborosa, unhas filloas máis finas, unha boa masa para a empanada ou un bacallau ao seu punto non dubidamos en acudir aos máis experimentados cociñeiros, eles teñen a receita.

Cando sentimos dor, febre ou malestar acudimos sen dubidar a un médico e atoparemos a cura na súa receita.

Pero, que facer cando nos sentimos tristes, cando temos medo, cando estamos enfadados, cando perdemos a esperanza, cando sentimos envexa, cando perdemos o respecto, a paciencia ou a esperanza …

Para eses casos, este marabilloso receitario, escrito por Eva Manzano e ilustrado por Mónica Gutiérrez Senra:

Nel atoparedes enxeñosas, tenras e divertidas solucións para esas incómodas emocións e estados de ánimo.

Receta para no sentirse culpable:

  1. Convertir la culpa en un error, entonces se aprende.
  2. Mejor roer un trozo de queso duro que un pensamiento.
  3. Encontrar una tormenta y mojarse; es mucho mejor que atormentarse.
  4. Puedes echarle la culpa a otro, aunque no es aconsejable porque no aprendes nada y haces mucho daño.
  5. Una vez al mes, como si fuera una alfombra, airear el yo: mascota inclasificable que vive dentro de los humanos.

Ademais este libro nos proporciona valiosísima información sobre os recónditos lugares onde se orixinan as emocións e aqueles onde se agochan xunto con interesantísimas descricións sobre a sofisticada linguaxe das emocións (verbal ou corporal).

miradas: Seres inclasificables de todos los colores, según los ojos en que vivan. Se apoyan en la luz para transportarse.

Un libro para ter sempre a man.

Nunca se sabe cando podemos ter un acceso de soberbia, un ataque de timidez ou un brote de melancolía...

1 comentario:

PASEN E VEXAN