7/4/11

COMECOCOS 2011



Na Biblioteca de A Baña somos omnívoros, comemos de todo, incluso nos comemos o coco, e moito, pensando en como se come un Comecocos sobre comida, pero da que se come para medrar e estar san, no sobre a comida basura, isa que nos come as defensas e carcome as nosas neuronas.

Así que, queridos e supervitaminados alumnos de 5º e 6ºde Primaria e 1º e 2º de ESO, alimentade ben os vosos cerebros pois, desta vez, sodes vos os comensais convidados a comervos ben o coco.

A mesa está servida coas bases do concurso.

MENÚ



  • Primeiro prato: folla de inscrición rechea cos datos frescos de concursantes.


  • Segundo prato: delicioooosas preguntas.


  • Sobremesa: doce e saborosísimo premio para o equipo gañador.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN