14/2/11

SABOR DE AMOR

Non parece un cuadrilátero de auga estancada coa súa aburrida rutina de natación por prescripción médica o marco ideal para unha historia de amor. Entre salpicaduras, humidade, vestiarios, xente extraña, cloro e a través dunhas gafas empañadas transcorre esta sinxela, tal vez vulgar, pero moi fermosa historia de amor. Con moi poucas palabras pero cunha fermosa narrativa visual de xestos e miradas.

Unha historia corrente, si, pero tan real e tan ben contada que engancha ao lector dende a primeira viñeta ata o seu "misterioso" final.



O seu autor, Bastien Vives, un xoven talento da banda deseñada francesa, foi premio revelación do festival de Angoulème 2009 por esta obra e xa ten publicados en castelán outros dous títulos En mis ojos e Amistad estrecha.
Obras todas elas tildadas por algúns de críticos de "cómic postadolescente" nas que o lector (de calqueira idade) pode gozar dese xeito seu de narrar historias de amor e amizade a través das sensacións e os sentimentos dos personaxes. Uns sentimentos tan próximos ao lector que, efectivamente, coma un adolescente, acaba seducido pola historia ata o final.


Recomendamos especialmente estas lecturas a
  • todos os que cren que a maxia do amor pode aparecer en calquera lugar e a calqueira idade
  • e aos que saben que as máis fermosas historias de amor comezan dun xeito casual, inesperado e fermosamente vulgar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN