3/2/11

AMOR CON HUMOR

Chegou febreiro e o AMOR inunda a nosa biblioteca.

Xa sabemos o que dicía Pessoa sobre as cartas de amor, que todas elas son ridículas pero que máis ridícula é aquela persoa que NUNCA escribiu unha carta de amor.

Coma nós non queremos ser ridículos pero si escribir ridículas cartas de amor, esta semana arrincou o noso I CONCURSO DE DECLARACIÓNS DE AMOR CON HUMOR nas seguintes categorías:
  • alumnos de 4º a 6º de Primaria
  • alumnos de 1º e 2º de ESO
  • alumnos de 3º e 4º de ESO
  • adultos: profes, pais, nais, persoal non docente e incluso ex-alumnos ...

Para os máis pequenos tamén está en marcha neste mes de febreiro a I Mostra de Debuxo: "E ti, a quen queres máis?"



Todos os corredores están repletos de cartas, imaxes e libros para inspirarvos así que,

veña, bulide!,

todos mans á obra, que o prazo remata o 10 de febreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN