Aqui vos deixamos unha pequena mostra de lecturas deliciosas para saborear durante as merecidas vacacións de verán que comezastes hai ben pouco e que vos desexamos moi, moi felices.FELICES LECTURAS DE VERÁN A TODOS!
Aqui vos deixamos unha pequena mostra de lecturas deliciosas para saborear durante as merecidas vacacións de verán que comezastes hai ben pouco e que vos desexamos moi, moi felices.FELICES LECTURAS DE VERÁN A TODOS!
Estas na lista de afortunados?
Apresa, pásate pola biblioteca, infórmanos das túas preferencias e xunto co teu boletín de notas levarás a túa bolsa de LECTURAS DE VERÁN.
Tal vez teñas que sacar a cámara para retratar a algún compañeiro de lecer contaxiado de "literaturite". ;-)
Onte dúas escritoras novas e moi prometedoras recibiron emocionadas o recoñecemento á súa creación literaria:
1. O Premio Merlín, que este ano celebraba a súa vixésimoquinta edición, recaeu en Teresa González Costa e a súa obra A filla do ladrón de bicicletas.
2. e o Premio Xerais de novela foi concedido por unanimidade a Iolanda Zúñiga (algúns a coñeceredes por Vidas Post-it) e a súa obra Periferia.
Fina Casalderrey abriu o acto cunha carta a ese mago que da nome á máis antiga e prestixiosa colección de literatura infantil e xuvenil na nosa lingua e Fran Alonso e Manuel Bragado o pecharon coa convicción de que unha nova e potente xeración de escritores está a demostrar que a calidade literaria non ten patria nin lingua propia e que a boa literatura en lingua galega non está nin moito menos "ensimesmada".
Esperamos ansiosas a edición das dúas obras premiadas e, dende este pequeno recuncho, enviamos a nosa noraboa ás flamantes gañadoras!
Bernabé, con tan só oito anos, foi vendido polo seu pai a un terratenente que o levou á montaña a traballar de cabreiro. Alí aprende o oficio do seu predecesor e, cando este marcha, queda abandonado á súa sorte.
Pero, paradóxicamente, será cando o devolvan á civilización cando descubra o que son a burla, a mentira, o desprezo a traizón e a crueldade.