28/04/10

School Libraries



Éste glogster está en inglés, barro para casa sempre que podo. Aínda así publicoo porque paréceme que ven moi a conto, xa que fíxose coa intención de refrexar un dos obxectivos principais das bibliotecas escolares: ser un instrumento imprescindible e moi gratificante para completar, desenvolver e enriquecer calquera asignatura. E o máis importante, os vídeos non teñen desperdicio, son moi orixinais e humor non falta.

Vese algo reducido, polo que poño á vosa disposición o link onde atopar este póster interactivo en tamaño grande:
http://doctorloopy.glogster.com/Library-Videos/


Para rematar unha curiosidade, a biblioteca máis pequena do mundo:, máis información no enlace en vermello. Aquí poderiamos aplicarlle aquelo de "Con cen libros por banda ..."

O caso é querer montar cousas que ideas non faltan :)
http://es.globedia.com/inglaterra-biblioteca-pequena-mundo

24/04/10

Grandes autores para pequenos lectores


A editorial Alfaguara estrena unha nova colección de álbumes. Unha colección ideada e dirixida por Arturo Pérez Reverte e que pretende animar aos grandes autores de literatura para adultos a escribir historias para nenos e ao tempo acercar aos máis pequenos á obra deses ilustres autores.

A colección chámase "Mi primer..." e estréase con dous grandes nomes:




O primeiro cóntavos a historia dos 300 espartanos que deron a súa vida na batalla das Termópilas, historia que coñecemos gracias ao pequeno hoplita, un neno que acompañaba a Leónidas e os seus valerosos guerreiros e que volveu a Esparta para relatar o que alí sucedera. Unha fermosa e tenra historia de valor e lealdade.

No segundo saberedes o que Fonchito é capaz de facer por bicar as meixelas da fermosa Nereida, a nena que ocupa o seu corazón. Veredes que case nada é imposible e que por amor somos capaces de facer cousas incríbles.

Dous preciosos títulos para ler, ver, escoitar e contar.

Esperan por vos. Están na biblioteca.

21/04/10

ACANEMIAS


¿Y qué era la amistad sino el dibujo

de una elegía por sentir lo otro

tal cual y sin llenársenos las manos

ni el corazón de grasa,

de acanemias,

de surrealismo gago

o de rugoso y oxidante oficio?

Di de ti para mí:

Vuelven las nubes, menos cansadas.

Vuelve con menor daño la amargura.

¿Vuelve Lázaro?

Escribe en negro para hacerse gris:

Ocho o nueve palabras sobre el papel mojado.

Sobre ti. Sobre mí. ¡Ay de tan poco!

Desplegarlas mañana como raíces. Como dibujos.

Como pájaros húmedos de buen agüero.


JOSÉ MIGUEL ULLÁN

17/04/10

LECTURA PUNK

Se añoras a forma de vivir en pensar dos oitenta, se non atopas un lugar nesta sociedade, se estás enfadado con todo e con todos, se te sintes un punk no século XXI dsifrutarás destas dúas lecturas.

1. Corazón de Napalm, de Clara Usón (Premio Biblioteca breve 2009) preséntanos en capítulos alternos as vidas de Fede e Marta.
Fede é un adolescente que quere ser coma Sid Vicious, un rapaz fillo da droga, a marxinación e a irresponsabilidade, que odia a escola, as normas, a sociedade. Fede detesta á súa madrastra e quere volver como sexa aos brazos dunha nai que tenta sobrevivir cunha terrible carga, ser toxicómana e seropositiva. Marta é unha prometedora artista que busca un futuro en Barcelona. Unha pintora que sobrevive a base de ensinar pintura nunha escola privada e colaborando cun vello pintor de sona que precisa de mans novas para expresar as súas ideas creativas.

Dúas vidas nun principio distantes e completamente alleas que acabarán confluindo. Unha historia dura e cruel como a música punk que acompaña as súas vidas.



2. Deseo de ser punk, de Belén Gopegui é unha carta (diario, confesión...) de Martina.

Martina ten 16 anos e vive no seo dunha familia acomodada, unida e feliz. Os seus resultados académicos son brillantes, o seu futuro prometedor. Pero un bo día Martina cambia. Deixa de prepararse para os exames, deixa de agradar aos seus pais, deixa de facer o correcto. Martina está perdida e contempla a distancia xeracional entre ela e seus pais coma un abismo. A proba é a música, "eles teñen a súa música, eu non atopo a miña". Un magnífico retrato dos pensamentos e as emocións dunha adolescente desorientada. Unha novela pragada de referencias musicais, de letras que fan pensar, de voces que fan sentir, de amizades profundas e sinceras, de emocións contradictorias, difíciles, fermosas, dun irreprimible desexo de rebelión e de cambio.



Se algún día quixeches romper con todo, acabar coas convencións e as normas ... ser punk, disfrutarás destas dúas lecturas.

13/04/10

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL on PhotoPeach



Onte, luns 12 de abril de 2010, todos xuntos conmemoramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
No patio do cole, despois de cantar ao unísono a canción do "barquito chiquitito", escoitamos a mensaxe que escribiu para a ocasión e para todos os nenos do mundo Eliacer Cansino.

Despois dun sonoro aplauso agrupados por idades, celebramos esta data do xeito seguinte:

  • Os pequenos de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria escoitaron os contos que prepararon para eles as súas profes Chus e Yaiza, e Carmen, a normalizadora lingüística do Concello de A Baña.
  • Os rapaces e rapazas de 2º e 3º ciclo de Primaria tiveron o pracer de escoitar as fermosas historias que Charo Pita lles relatou.
  • Os veteranos do centro, alumnos e alumnas de ESO (xunto con algunhas profes atrevidas), deleitamos aos nosos compañeiros cun recital de lectura.

De seguro que TODOS regresaron a casa contentos de ter vivido un día especial.

Agora tócanos a TODOS seguir conmemorando o DÍA DO LIBRO todos os días do ano.

Miles de libros habitan a nosa BIBLIOTECA.

Agardan por vos, buscádeos!

(O resto da reportaxe gráfica estará pronto no noso blog de imaxes)

08/04/10

Campionas COMECOCOS 2010

Campeonas COMECOCOS 2010, originalmente cargada por arslegendi.

Aquí as tedes, as dúas finalistas, as únicas que conseguiron resolver o PREGUNTÓN FINAL do COMECOCOS 2010.
Gemma e Victoria, de 2º de ESO.
Tal como establecen as normas do concurso SÓ PODE GAÑAR UN CONCURSANTE. Así que, con gran pesar (pois ambas merecían un premio), sorteamos o agasallo esta mañá.
Ante a atenta mirada de compañeiros e rivais a moeda caeu na cruz e a afortunada gañadora foi Gemma.
Pronto veremos as primeiras obras da súa creación en imaxe dixital!

06/04/10

E A RESPOSTA É...

Rematamos coa intriga. A resposta ao preguntón final é VANESSA REDGRAVE, protagonista da película As bostonianas, de James Ivory.
Só chegaron á final dúas participantes, Victoria e Gemma, alumnas de 2º de ESO. Noraboa, rapazas!

O xoves realizaremos o sorteo dun fabuloso premio. Moita sorte ás dúas.

PASEN E VEXAN