26/03/10

PREGUNTÓN FINAL


Quedades OITO:

Gemma, Victoria, Andrea, Lidia, Rubén, Álvaro, Noelia e Diana.

Pero SÓ UN de vos conseguirá o premio.

O preguntón final está publicado.

Tedes ata o MARTES 6 DE ABRIL para atopar a resposta.

Non hai triunfo sen esforzo.
Non hai victoria sen sufrimento.

E só pode quedar UN.
ALEA IACTA EST

21/03/10

ROSA, POMPA, RISA

Con la primavera
mis sueños se llenan
de rosas, lo mismo
que las escaleras
orilla del río.
Con la primavera
mis rosas se llenan
de pompas, lo mismo
que las torrenteras
orilla del río.
Con la primavera
mis pompas se llenan
de risas, lo mismo
que las ventoleras
orilla del río.
Hoxe, 21 de marzo, CHEGOU A PRIMAVERA!
Hoxe 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía.
Tempo de ROSAS, POMPAS E RISAS.

18/03/10

Eu quero ser "biomestra"

  • Nadiel é unha mestra pouco convencional. Tanto que os seus alumnos pensan que está tola de remate.
  • Nadiel ensínalles a organizar a clase practicando o feng-shui, sácaos ao patio a facer ioga, organiza brigadas lumínicas clandestinas (encargadas de apagar as luces acesas de toda a escola).
  • Nadiel dalles a probar tofu, pranta tomateiras no xardín e viaxa en bicicleta.
  • E o mellor de todo, Nadiel trouxo a clase un "tristeciclador". Unha marabillosa caixa que consigue reciclar a tristeza para convertila en ledicia.
Quen non quere ter unha profe como Nadiel?

Blas e os seus compañeiros aprenderán a querer e a Nadiel, tanto que chegarán a chorar pola súa ausencia.

Un fermoso e divertido relato de Pepe Maestro, contacontos e "mestre" da narrativa para nenos, autor de obras tan fermosas coma: El circo de Baltasar, Balbino y las sirenas ou Una pluma de cuervo blanco.
As magníficas ilustracións de David Guirao fan o resto aínda que a edición da Colección Ala Delta as imprima sen cor.

NAMASTÉ!

17/03/10

"Los cuentos de Beedle el Bardo"

Cinco contos de fadas con todos os ingredientes precisos: magos, fontes máxicas, bruxos, ...

A palabra bardo (poeta dos antigos celtas) no título suxire a inmersión nun mundo pensado para nenos e nenas ávidos de fantasía.

¿Es un deles?

A autora deste libro:

Por si non acertaches quen é, pincha aquí:

Como despedida, un regalo: un sitio onde atoparás contos de fadas de Andersen en varios idiomas.

15/03/10

AL PIE DE LA ESCALERA


Lorrie Moore (Nova York, 1957), escritora e profesora de inglés, é a autora da novela recentemente publicada por Seix Barral titulada Al pie de la escalera. A súa protagonista é Tassie, unha rapaza de vinte anos, filla dun cultivador de patacas e unha muller sen aspiracións, que deixa o seu pobo para ir estudar á universidade.
Ao longo da historia sucédense temas como a adopción, a guerra de Iraq, a soidade, a mentira, o racismo, a crueldade ou o amor. Varios episodios na vida da protagonista farán que madure de golpe, que entre no mundo adulto dun tirón.
A pesar de todo, a novela está bañada dun humor reconfortante, moi intelixente e ben dosificado, que alivia e fai soportable a vida. Unha lectura imprescindible que podes comezar aquí.

10/03/10

MULLERES DE ARMAS TOMAR

Estas son as mulleres que figuran nos paneis expostos nos corredores durante este mes: unha pequena selección de entre tantas e tantas mulleres artistas e literatas que non deberíades deixar de coñecer.

Todos os títulos sinalados coa nosa mascota están na biblioteca do cole. Agárdanvos interesantísimos libros, discos e películas nos que poderedes coñecer máis sobre as súas vidas e gozar das súas obras.

Estas son ademáis as mulleres sobre as que versan as preguntas do COMECOCOS 2010.

Non perdades detalle do que delas vos contamos.

E non lles perdades a pista a elas, nada do que fixeron ou farán pasará desapercibido porque
son mulleres "de armas tomar".

05/03/10

COMECOCOS 2010, EN FEMININO


Para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora as mulleres van protagonizar as actividades da biblioteca no mes de marzo.
Dúas Exposicións percorren os nosos corredores, nelas poderedes aprender e coñecer a grandes mulleres da ciencia e da creación artística:


  • Mulleres astrónomas (cedida polo CPI Progreso de Catoira)

  • Mulleres artistas (elaborado polo noso equipo de biblioteca)

Prestade atención aos seus nomes e caras e, sobre todo, ao que delas vos contamos porque o COMECOCOS 2010 será EN FEMININO, é dicir, todas as preguntas versarán sobre a vida e o traballo desenvolvido por ditas mulleres.

MOITA ATENCIÓN, ALUMNAS e ALUMNOS DE ESO, O LUNS 8 TEREDES NO TABOLEIRO A PRIMEIRA PREGUNTA!

04/03/10

POEMAS GAÑADORES

Aquí tedes por fin os poemas dos gañadores do I Certame de Acrósticos.
Non foi fácil tomar a decisión e a participación de todos e cada un de vos merece un
GRAZAS enorme
e un BICO xigante.

SÓ QUEDAN 11 MESES PARA QUE VOLVA FEBREIRO!

ESPERÁMOSVOS O ANO QUE VEN...

PASEN E VEXAN