27/02/10

PEQUENOS ARTISTAS, GRANDES POETISAS



Onte, 26 de febreiro, último día deste fermoso mes adicado ao Amor e á Poesía, tivo lugar a entrega de premios do I Certame de Acrósticos e de Ilustración de Poesías para Educación Infantil e Primaria.

O salón de actos encheuse ata a bandeira e un público atento e caloroso aplaudiu con emoción cada un dos traballos de ilustración dos máis pequenos.

A continuación, entre risas nerviosas e corazóns palpitantes desvelouse a identidade das dúas gañadoras do Certame de Acrósticos: Andrea e Lucía. Subiron ao escenario a recibir o seu agasallo, o seu diploma e o fervoroso aplauso dos seus compañeiros despois de recitar para todos as súas fermosas creacións.

Aquí tedes a reportaxe gráfica do acto e unha mostra das ilustracións dos pequenos artistas. Pronto teredes cada un de vos un exemplar en formato libro.


ILUSTRADORES E POETISAS on PhotoPeach



MOITAS GRAZAS A TODOS!

E non esquezades asistir á entrega de premios de ESO e ADULTOS que terá lugar o luns 1 de marzo á hora do recreo no salón de actos.

Esperámosvos!

19/02/10

AMOR POLOS LIBROS, AMOR POLA VIDA

Un pequeno grupo de habitantes da illa de Guernsey ocupados polo exército alemán durante a 2ª Guerra Mundial, ademáis de tentar sobrevivir, poñer a salvo aos seus pequenos e atopar algo con que comer, reúnense semanalmente nunha sociedade literaria.

Cada reunión é un motivo para coñecer unha obra clásica da man de cada membro da sociedade: dende as Meditacións de Marco Aurelio ata as novelas das irmáns Bronte. Cada reunión serve para coñecerse mellor, para sentir a calor da amizade, para esquecer a dura realidade, para descubrir maneiras de entender e interpretar un libro e para probar curiosas creacións culinarias coma o pastel de pel de patata.

Rematada a contenda, unha xoven novelista londinense, Juliet Ashton, recibe unha misiva dun dos membros desta curiosa sociedade e decide viaxar a Guernsey a coñecelos.

A través das cartas que recibe e envía Juliet percorreremos as vidas de todos eles, homes e mulleres con inquietudes e formas de vida diferentes, con preocupacións, sufrimentos e emocións diferentes pero con unha paixón común: A LITERATURA.

Unha novela que nos cativa pola súa portada e o seu curioso título e que consigue atraparnos ata o final.
Fermosa lectura para un Club de Lectura.

09/02/10

Don Juan, don Juan!

É indiscutible o protagonismo de "Don Juan" nas historias de amor ... ou desamor.
Un home pouco escrupuloso á hora de mentir, si con iso consegue seducir á muller que nese momento é o seu capricho ou a súa obsesión.
Pero, si falamos deste personaxe, non podemos falar dun só: por iso poño á vosa disposición tres , a falta dun.
DON JUAN TENORIO, de José Zorrilla:



http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/12582403448990622865513/


DON JUAN, de Molière (Jean-Baptiste Poquelin):




DON JUAN, de Lord Byron:




Estes tres libertinos son en realidade un só, xa que parecen estar inspirados no personaxe da obra
"O burlador de Sevilla e convidado de pedra" de Tirso de Molina (Gabriel Téllez), un monxe español que escribe esta obra entorno ó ano 1630.
De Tirso de Molina é o soneto que aquí vos deixo, para o voso deleite:
Todo es temor, amor, todo es recelos,
pues ¿cómo puede ser el amor gloria,
si está siempre luchando la memoria
con tantos sobresaltos y desvelos?
Estas penas del alma son sus cielos;
estas guerras y asaltos, su victoria,
y es bien todo este mal, cuando a su historia
no encuaderna capítulo de celos.
Amor, en popa voy con mi esperanza,
haciendo espejo tus azules mares;
no trueques en tormenta la bonanza.
No se me niegue puerto en que me ampares,
que si el que el alma ha deseado alcanza,
daré perpetuo asiento a tus altares.
(De "Los amantes de Teruel")

QUE SERÍA DO AMOR SEN OS BICOS?


Non hai mellor xeito de mostrar o amor que cun bico pero é que hai tantos tipos de bicos... Hoxe, para a vosa inspiración, un fermoso poema que fala de bicos:

Besos (Carmen Gil)

Hay besos de caramelo,
dulces como una sonrisa.
Y están los besos con prisa,
que hay que cogerlos al vuelo.

Los besos de mariposa
rozándote las mejillas
¡pueden hacerte cosquillas!
y son de color de rosa.

El beso con achuchón,
tan calentito y tan tierno
como una manta en invierno,
¡es un beso de algodón!

¿Y qué tal el beso alado
que te pilla de sorpresa,
y, además, el que te besa
puede estar en cualquier lado?

También está el de tornillo,
beso que mágicamente
despertó a Bella Durmiente
e hizo temblar el castillo.

¿Y los besos con caricia
que llegan en ventolera
y huelen a primavera
como una buena noticia?

Fantástico el beso-guiño.
Es chisposo y titilante
como una estrella brillante
con mil vatios de cariño.

Un álbum ilustrado repleto de bicos: doces, morniños, frescos, divertidos... DELICIOSOS!



E para rematar, unha canción que fala diso ... de BESOS DE ESOS:




Bicos! ;-*

04/02/10

SE O NOSO AMOR...

Resulta imposible elixir o mellor poema de amor da nosa literatura. É máis, é absurdo tentalo sequera. Xa que son tantas as composicións que nos fan sentir, gocemos de todas elas sen rexeitar ningunha.
Bernardino Graña escribiu xa hai tempo un fermoso poemario Se o noso amor e os peixes (1980), no que atopamos un canto ao desamor e á ausencia, con tintes de cotidianeidade.

En Padrón os alumnos do Instituto
imaxínanme alegre, docto e pulcro
e axiña han de saber que o catedrático
este animal fonético-semántico
soubo si prepararche á hora da cea
peixe e patacas con cebola e allo
mais sabendo de epítetos e léxicos
nunca soubo dicirche en xustas verbas
como o tes no teu pelo engaiolado
e han saber que o recordo é a pizarra
onde escribe despois de vir das clases
borra escribe e repite e non ve claro
outra vez raña o pelo que lle queda
fuma bebe pon lume a un pau de sándalo
e atopa así algún cheiro feminino
mais non sabe atopar no dicionario
a palabra ou sintagma con que anceia
reterte na súa casa todo o ano.

Pon o reló prás oito. Mañá cedo
vai a Padrón explica enche o encerado
de cousa vouga Ovidio o Ars Amandi
Juan de la Cruz o Cántico.

O malo é volver cando se sobe
os cinco pisos banzo a banzo e se abre
a porta e non estás e a casa o mundo
son vougo enteiro sen amor nin cántico.

Este e outros poemas atoparédelos en Poetízate, unha antoloxía de poesía galega a cargo de Fran Alonso, que está "pensada para ti, que non estás afeito a ler poesía" (p.11)


PASEN E VEXAN