31/01/10

Amor ... pola poesía.


No mes que a nosa Biblioteca adica ao AMOR elexín este poema que expresa o
amor polos libros en xeral, e pola poesía en particular.

Primeiro o orixinal, en inglés.

There is no frigate like a book
To take us lands away,
Nor any coursers like a page
Of prancing poetry.


This traverse may the poorest take
Without oppress of toll;
How frugal is the chariot
That bears a human soul!


E atopei esta traducción ao castelán, de Carlos López Narváez: Poeta colombiano, reputado traductor de textos de Charles Baudelaire, Paul Valéry, Leconte de Lisle, Henry Barbusse, entre outros:


Para fugarnos de la tierra
un libro es el mejor bajel;
y se viaja mejor en el poema
que en el más brioso y rápido corcel.


Aun el más pobre puede hacerlo,
nada por ello ha de pagar:
el alma en el transporte de su sueño
se nutre sólo de silencio y paz.


O nome (e moita mais información) da poetisa que expresou de xeito tan fermoso a súa pasión pola poesía podes averigualo premendo na imaxe :




E para visitar o museo adicado a ela non pecisas ir a Amherst (Massachusetts, EE.UU), volve premer:



FEBREIRO: AMOR E POESÍA


ESTE MES DE FEBREIRO
O AMOR E A POESÍA
VAN COLLIDAS DA MAN

PARTICIPA NO GRAN CONCURSO DE

AMOSA AS TÚAS DESTREZAS POÉTICAS E GAÑA FABULOSOS PREMIOS...
E PARA OS MÁIS PEQUENOS, PRIMEIRO CERTAME: "ILUSTRA UN POEMA"

As bases e condicións para participar espéranvos na biblioteca...

27/01/10

A PAZ COMEZA NA CASA






En días como estes, cremos que é preciso non esquecer que

por riba de diferenzas, desacordos, razas, linguas, crenzas ou relixións,

A PAZ comeza NA CASA, NO TRABALLO, NA FAMILIA,

A PAZ comeza polo RESPECTO, a TOLERANCIA e a CONVIVENCIA,

A PAZ comeza por un "BOS DÍAS", un SORRISO ou un ALOUMIÑO SINCERO...


Bos e pacíficos días a todos!

Amor mais alá da morte?


Pensades que o amor pode ir mais alá da morte? Ou mellor dito, mais alá da vida?

Pode ser que atopedes a resposta a esta metafísica pregunta aquí ...



Unha novela de misterio, escrita por Care Santos. Temos ingredientes de sobra para que a lectura desta historia nos resulte apaixoante: amor, traxedia, vinganza, ... Non parece que haxa cabida para o aburrimento.

O libro ten unha orixinalidade, é un

libro con banda sonora,

conta con un CD que inclúe:


  • Unha entrevista coa escritora.
  • Un póster.
  • O primeiro capítulo.
  • O tema "I'll be ok" do grupo Mc Fly, canción de gran importancia para Bel, a protagonista.

Por suposto o libro ten páxina web:

http://www.belamormasalladelamuerte.com



A autora descubriu esta canción (e a banda que a toca) a través das recomendacións dos seus lectores.
Falando da autora, Care Santos, tedes sobrada información sobre ela e a súa bibliografía na páxina web do libro.

Aquí vos queda o enlace para que vexades o vídeo da canción. A letra está no recadro da dereita, onde pon "mais información". Clicade sobre a foto.

25/01/10

Queridos piratas

Queres navegar polos mares do Caribe?
Arribar aos portos máis insospeitados?
Coñecer a Gafín, un pirata que non sabe nadar?
Queres poñer un parche, unha pata de pao e blandir un sabre?
E facer ondear a bandeira pirata no cumio do mastro maior?


Fácil o tendes! Con esta proposta:


O poeta ten unha páxina web na que podes ver outras propostas, ler a súa biografía, visitar o seu álbume fotográfico, visitar outros enlaces como éste ...


(Portal de poesía infantil para todos los países de habla hispana)

... ou mandarlle un correo electrónico.

http://www.carlosreviejo.com/

Para rematar, historias sobre a
PIRATERÍA ATLÁNTICA NO SÉCULO XVIII:

24/01/10

Miguel Hernández


Poeta español que destacou pola fondura e autenticidade dos seus versos, reflexo do seu compromiso social e político. Nacido no seo dunha familia humilde e criado no ambiente campesiño de Orihuela, de neno foi pastor de cabras e non tivo acceso máis que a estudos moi elementais, polo que a súa formación foi autodidacta.

Naceu en Orihuela (no 1910) e morreu no cárcere en Alacante (no 1942).

Este ano conmemórase o centenario do seu nacemento.

Mentres se achaba no cárcere escribiu "Cancionero y romancero de ausencias" (1938-1941), onde fixo uso de formas tradicionais da poesía popular castelá para expresar nun estilo conciso e sinxelo o seu fondo pesar pola separación da súa muller e os seus fillos e a angustia que lle producían os efectos devastadores da guerra.


No cárcere enfermou. Padeceu primeiro bronquite e logo tifus, que se lle complicou con tuberculose. Faleceu na enfermería da prisión alacantina ás 5.32 da mañá do 28 de marzo de 1942, con tan só 31 de idade.

Webs nas que atoparás moita información sobre o poeta:



[1]

Ropas con su olor,
paños con su aroma.

Se alejó en su cuerpo,

me dejó en sus ropas.

Luchas sin calor,
sábana de sombra.

Se ausentó en su cuerpo.

Se quedó en sus ropas.


[2]

Negros ojos negros.

El mundo se abría

sobre sus pestañas

de negras distancias.

Dorada mirada.

El mundo se cierra

sobre sus pestañas

lluviosas y negras.

Cancionero y romancero de ausencias (1938-1941)

20/01/10

O CÓMIC E A VIDA



A pesares do que algúns poidan opinar sobre a sobrevaloración do cómic como xénero literario, cada vez somos máis os que adoramos as grandes pezas desta cativadora combinación de imaxe e texto.
Non vos imos presentar unha interminable lista de clásicos para non perderse nin dos grandes artistas nacionais e internacionais.
Tampouco imos falar hoxe dos cómics que nos fan rir a escachar, que nos levan de viaxe a culturas exóticas e lonxanas ou que nos relatan con ollo crítico feitos históricos ou fazañas heriocas.


Hoxe imos falar de historias sinxelas, cotiás, reais, crúas, duras e á vez moi fermosas, vividas todas elas en primeira persoa e plasmadas en viñetas con tenrura e sincera emoción.

Cristina e Miguel relatan e debuxan en Una posibilidad entre mil a historia da súa filla Laia, quen, a pesar das graves lesións que padece dende o seu primeiro instante de vida, aférrase a ela con forza. Unha odisea de hospitais, probas, rehabilitacións, loita e moito, moitísimo amor. Unha fiel representación do que pasan tantas familias anónimas para proporcionar unha vida digna aos seus fráxiles pequenos.


Os irmáns Judy e Paul Karasic fálannos en El viaje juntos da vida nunha familia de catro irmáns na que o maior deles, David, é autista. Para iso mesturan de xeito orixinal o texto narrativo coas viñetas de xeito que a narración nos mostra a evolución de cada un dos membros da familia, os seus sentimentos e as súas preocupacións sobre o futuro de David mentras que o cómic achéganos pequenas situacións, anécdotas sinxelas que cada un deles recorda ter vivido en compañía do seu irmán maoir.


María e Miguel Gallardo lévannos da man en María y yo de viaxe a Mallorca. María é a filla de Miguel e tamén ten autismo. Un fermosísimo retrato de familia que desborda humor e tenrura a partes iguais e que pronto poderemos ver na gran pantalla...






Moitas nais e pais de rapaces coma María, Laia ou David están loitando estes días por un "Pacto Educativo para todos" no cal estea incluída a atención aos alumnos con Necesidades Educativas Especiais. Se queredes saber máis sobre a súa reivindicación ou firmar apoiando a súa proposta podedes visitar este magnífico blog: Hasta la luna de ida y vuelta.

18/01/10

JOSÉ HIERRO

Visor Libros acaba de dedicar o último número da súa Colección de Poesía Serie Maior ao gran poeta José Hierro. Trátase de Poesías completas (1947-2002), con prólogo da poetisa Julia Uceda e epílogo e notas de M. García-Posada. Este volume recolle os nove libros que forman a produción do autor (Tierra sin nosotros, Alegría, Con las piedras, con el viento, Quinta del 42, Estatuas yacentes, Cuanto sé de mí, Libro de las alucinaciones, Agenda y Cuaderno de Nueva York), máis algúns poemas soltos. Toda a súa obra merece ser lida, saboreada, gozada e comprendida, por algo foi galardonado con moitísimos premios como o Premio Adonáis en 1947, Premio Nacional de Poesía (1953), Premio da Crítica (1958 y 1965), Premio da Fundación Juan March (1959), Premio Príncipe de Asturias das Letras en 1981, Premio Nacional das Letras Españolas en 1990, Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana no 1995, Premio Europeo de Literatura Aristeión (1999) e Premio Cervantes no ano 1998.
Pero quedemos cun único poema, unha composición pertencente ao seu primeiro libro, Tierra sin nosotros (1947). Leva por título Serenidad e nela xa apreciamos a voz reivindicativa e testimonial que acompañará as composicións de Hierro ao longo da súa traxectoria.

Serenidad (Lectura de madrugada)
Serenidad, tú para el muerto,
que estoy vivo y pido lucha.
Otros habrá que te deseen:
ésos no saben lo que buscan.
Si se durmieran nuestras almas,
si las tuviéramos maduras
para mirar inconmovibles,
para aceptar sin amargura,
para no ver la vida en torno
apasionadamente nunca,
duros y fríos, como piedra
que sopla el viento y no la muda...

Almas claras. Ojos despiertos.
Oídos llenos de la música
del dolor. Los dedos felices,
aunque los hieran las agudas
espinas. Todo el sabor agrio
de la vida, en la lengua.

«Nunca
podrás mojar tu pie en el río
en que ayer lo mojaste. Busca
la eternidad, vive en la alta
contemplación de su figura.»

Palabrería de los libros
de la que deja el alma turbia.
Serenidad que se nos vende
por librarnos de la tortura,
por llenarnos de sueño el alma
y rodeárnosla de bruma.
Serenidad, tú para el muerto.
El hombre es hombre, y no le asusta
saber que el viento que hoy le canta
no volverá a cantarle nunca.
Serenidad, no te me entregues
ni te des nunca,
aunque te pida de rodillas
que me liberes de mi angustia.
Será que vivo sin saberlo
o que deserto de la lucha.
Tú no me escuches, no me eleves
hasta tu cumbre de luz única.

Palabrería de los libros
de la que deja el alma turbia.
Yo también me hago un poco libro,
me duermo el alma...

Luz difusa.
La madrugada se desgaja
agria y azul, como una fruta.
Cantan los pinos a lo lejos.
Un niño llora. Las desnudas
mujeres y hombres silenciosos
salen despacio de las últimas
sombras. Los pájaros me esperan.
Se alzan las olas. (Me preguntan
por qué.) Campanas... (Ayer niebla,
hoy claro sol y luego lluvia...)
¿Por qué? Las hojas se estremecen...

Voy inundándome de música.

14/01/10

CHEMA MADOZ, UNHA NOVA VIAXE CADA DÍA

A editorial La Fábrica publicou recentemente un volume que recolle a obra de Chema Madoz desde os anos 80 ata o 2008. Todos os que coñecemos o traballo deste fotógrafo (Madrid, 1958) estamos de acordo en sinalar o encanto da súa particular visión do mundo, en concreto dos obxectos que viven arredor de nós e que protagonizan as súas creacións: un libro, unhas tesoiras, unha escada, un espello, unha cadeira, un abrelatas, unha flor, unha peza de xadrez, unha folla, un avión de papel, un mapa, un coitelo... A sorpresa chega no detalle, na asociación de figuras, no xogo, no emprego evidente dos máis importantes recursos da poesía. Así atopamos imaxes cheas de metáforas, de paradoxos e de ironía, de paralelismos e mesmo personificacións.

Con estas bases non é sorprendente coñecer a publicación de Nuevas greguerías de Ramón Gómez de la Serna, con fotografías de Chema Madoz. A greguería foi definida polo seu creador como metáfora + humor, e as imaxes que acompañan os textos nesta nova edición son absolutamente consecuentes con esta concepción.
"Ya llevaba la máquina colgada,
ya tenía ombligo fotográfico"

A paixón polo traballo ben feito apreciámola nas seguintes palabras do fotógrafo: "Cuando tomo una fotografía me siento al borde del abismo porque nunca sé cuál será la próxima. Y eso es, precisamente, lo que me sigue haciendo atractivo un trabajo que está cargado de misterio y riesgo, y que me plantea un viaje nuevo cada día."
Na seguinte presentación podemos gozar dalgunhas das máis fermosas fotografías de Madoz.

11/01/10

El padre de Blancanieves, Belén Gopegui

Aínda co coñecemento de que non vos estamos a presentar unha novidade (esta novela foi publicada no ano 2007), non podemos deixar de recomendar a lectura desta magnífica novela de Belén Gopegui, considerada por moitos a mellor novelista da súa xeración.
El padre de Blancanieves é un brillante retrato da sociedade que estamos a vivir e nela podemos recoñecer trazos de nós mesmos e do mundo que nos rodea en prácticamente todos os seus personaxes.
A partir do personaxe de Susana, unha estudante de 20 anos, militante comprometida, vaise desleando o novelo e acabaremos coñecendo os sentimentos máis profundos, os soños, as actitudes ideolóxicas e vitais así como os segredos máis íntimos de seus pais, Manuela e Enrique, seus irmáns, Rodrigo e Marcos, e seus compañeiros de organización: Goyo, Eloísa, Félix, Mauricio, Álvaro... Ás veces porque nos deixa ler os seus diarios, outras os seus e-mails, outras grazas ao testemuño dun narrador e incluso outras a través dos comunicados dun logradísimo suxeito colectivo que engloba aos membros da organización da que forman parte.
Unha novela que invita á reflexión sobre a sociedade de consumo na que vivimos e sobre o que podemos e queremos facer (ou non) por construir un mundo mellor e diferente.

Unha novela para aprender a comprender e respectar as diferentes maneiras de enfrontarse á vida na adolescencia, na xuventude e na idade adulta.


"Sea como sea, he llegado a la segunda parte de mi vida. Mientras otras personas tienen por delante largos proyectos, pongamos, de hacerse médico y tener muchos hijos, el proyecto mío es envejecer. No obstante, resulta que a estas alturas de mi vida quiero empezar unas cuantas cosas. Tal vez envejecer no sea ir cerrando las carpetas sino, cuando se abre una nueva, preguntarse si tiene sentido. Porque en la juventud todas las carpetas tienen sentido, pero ahora no. (...) A esta edad abriré algunas carpetas que no he de terminar pero espero que las terminen otros.
Madurar quizá consista en comprender que no es una quien ha de poner la firma al cuadro, o cerrar el local y apagar la luz."
Unha recomendación especial para aqueles que seguen abrindo novas e marabillosas carpetas e para os inxenuos que aínda cren nas utopías. ;-)


PASEN E VEXAN