11/12/10

LECTURAS PARA APRENDER A CONVIVIR

Para este Nadal de 2010 o equipo de biblioteca quere recomendarvos unhas lecturas moi especiais.
Son "Lecturas para aprender a convivir" pois pensamos que esa é
  • a máis difícil das aprendizaxes e, ao mesmo tempo,
  • a chave para unha vida en paz, harmonía e felicidade.
Temos a certeza de que se conseguimos ser respectuosos, tolerantes, dialogantes, amables e optimistas en familia saberemos selo na escola, no traballo, cos amigos, na vida.

Animámosvos pois a incluír estas lecturas nas vosas listas de desexos para este Nadal, a agasallar con elas aos vosos seres máis queridos e a aprender a convivir mentras saboreades cada unha destas pequenas xoias.

RECOMENDACIÓNS PARA INFANTIL E PRIMARIA

RECOMENDACIÓNS PARA ESO E ADULTOS

2 comentarios:

  1. Ademais de tomar nota das vosas recomendacións, aproveitamos a entrada para desexarvos unhas moi felices festas e un estupendo ano 2011.
    Unha gran aperta dende Silleda.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, chicas, o mesmo vos desexamos dende A Baña! Moitos bicos.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN