17/11/10

TODOS SABEMOS DE CÓMIC


Durante este mes de novembro TODOS, no CPI de A Baña, vivimos nunha viñeta.

Porque en todos os niveis e dende case todas as áreas do currículo estamos a ler, a gozar e a traballar con cómics.
Astérix e as súas aventuras foron o punto de partida para que nos puxésemos mans á obra e, nesta primeira mostra fotográfica, tedes gran parte do resultado:

  • Debuxos dos personaxes de cómic preferidos polos máis pequenos
  • Creación de aventuras de novos superheroes
  • Paneis informativos sobre os personaxes das aventuras de Astérix
  • Murais sobre o cómic, a súa orixe e tipoloxía
  • Impresionantes reproduccións de Astérix e Obélix a tamaño xigante
  • Mapas do mundo percorrido polos intrépidos galos nas súas aventuras
  • Unha liña do tempo dos máis famosos personaxes de cómic e os acontecementos históricos contemporáneos a eles
  • Un mundo de onomatopeas en inglés e francés
  • O teorema de Tales empregado coma poción máxica de axigantamento
  • Acertixos cos toleiráns números dos romanos
  • Reproducións en madeira dos nosos protagonistas
  • Recreacións das súas aventuras a base de manipular con moita sorna os seus diálogos
  • Un recordo para os humor gráfico galego
... e un longo etcétera.
Todo isto acompañado das últimas novidades en cómic para os máis pequenos, cómic de humor, de historia, de superheroes, da vida mesma...





Prestade atención ao blog nestes días, artistas!

Continuaremos a publicar imaxes de todos os vosos traballos.

2 comentarios:

  1. Un traballo ben completo e moitas horas de dedicación. Os nosos parabéns dende Silleda.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, compañeiras de Silleda e unha forte e agarimosa aperta. :-)

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN