Sara Ruano é a autora das fermosas ilustracións que acompañan este relato.
Unha mañá coma outra calquera, a princesa Rapunzel, a da longuísima melena, decide dar un xiro á súa vida de princesa fráxil e delicada. Está farta de soportar os tiróns de pelo da malvada feiticeira cada vez que sube a visitala á torre, está cansa de vivir encerrada á espera de ser rescatada por un príncipe que nunca chega.
Corta a súa melena e a utiliza para abandonar o seu encerro.
Corta a súa melena e a utiliza para abandonar o seu encerro.
A partir de entón, Amèlia Mora Sanromà en Y Rapunzel se cortó la melena, fará que outras ilustres protagonistas de contos clásicos, axudadas pola rebelde e emprendedora Rapunzel, rompan coas convencións e as normas establecidas. Caperucita, Brancaneves e Cincenta xa non serán as mesmas despois de coñecer a Rapunzel.
Un divertidísimo relato que fará rir a grandes e pequenos e que axudará aos máis cativos a comprender que con decisión, todo é posible, que a unión fai a forza e que unha princesa decidida e loitadora non precisa pasar a vida á espera dun príncipe salvador.
Comeza un novo curso cun cambio de imaxe no blog, ao que ,coma sempre, imos seguir moi de preto.
ResponderEliminarUnha aperta dende Silleda.