21/10/10

UNA VACA, DOS NIÑOS Y TRESCIENTOS RUISEÑORES

Ignacio

As viaxes entre Chile e Europa do poeta Vicente Huidobro e a súa familia non son unhas viaxes calquera.

O poeta sabe que os seus fillo precisan do leite doce e cremoso da súa vaca Jacinta e non dubida en embarcala con eles.

O poeta sabe que América sería máis feliz se poidese escoitar cada mañá o canto dos reiseñores e non dubida en embarcar a 300 paxaros cantores rumbo a Valparaiso.

Moitos pensan que son raros e excéntricos, que se preocupan de cousas inútiles pero, hai algo máis fermoso e inútil que a poesía?

O escritor Ignacio Sanz convirte esta curiosa anécdota da vida do poeta nun delicioso relato para nenos que foi galardonado co XXI Premio Ala Delta de Literatura Infantil.

ruise7

(As ilustracións son de Patricia Metola)

  • Na primeira parte un narrador nos relata as peripecias da primeira viaxe e da preparación do segundo.
  • Na segunda son os seus fillos, Nela e Vicentito, os que nos informan nun diario de a bordo dos pormenores da súa travesía Atlántica. O seu pai, presa dun furor creativo, pechouse no seu camarote e deixou os paxaros ao seu cargo.

Os nenos sofren polos paxaros, seu pai loita por construir un gran poema, súa nai suspira por chegar a casa, e a vaca coida de todos eles dándolles alimento, calor e MOSCAS!

Un relato que desborda humor, amor, tenrura e poesía e no que aprendemos moito sobre o valor da confianza e a amizade e a importancia de loitar por un soño aínda que nos pareza imposible. Aprendemos tamén que só se equivoca quen ten o valor de intentalo e que o verdadeiramente importante é saber seguir adiante, aprender dos erros cometidos e non rendirse nunca.

Unha fermosa lectura ademáis para arcercar aos pequenos lectores á interesante biografía de Vicente Huidobro e á súa Arte poética:

Inventa mundos nuevos y cuida tu palabra;
el adjetivo, cuando no da vida, mata.
Estamos en el cielo de los versos.
El músculo cuelga,
como recuerdo, en los museos;
mas no por eso tenemos menos fuerza;
el vigor verdadero
reside en la cabeza.
¿Por qué cantáis la rosa, oh, poetas?
¡Hacedla florecer en el poema!
Sólo para vosotros
viven todas las cosas bajo el sol.
El poeta es un pequeño Dios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN