16/10/10

AMOS DE CASA

Non é doado tratar cos nenos determinados temas adultos coma o divorcio, a diversidade de familias, a adopción, a morte, o paro... Pero a través da ficción dun conto podemos coñecer con eles todas esas situacións e comprendelas, como espectadores curiosos, dun xeito moito máis sinxelo, divertido e natural.

¿Qué le pasa a papá? é unha desas xoias.

Neste conto de Paloma Muíña, publicado por Bruño na súa colección Altamar, vivimos con Pablo o despido de seu pai e os cambios que teñen lugar na casa desde entón.
  • Sufrimos con el o desencanto e a preocupación inicial.
  • Rimos con el ante as dificultades de papá para aprender o seu novo traballo de amo de casa.
  • Sorprendémonos, coma el, de que queira buscar outro traballo, se xa ten un ben complicado!
  • E finalmente saltamos de alegría, igual ca el, cando papá decide rexeitar outro empleo fóra da casa porque lle gusta moito máis o que agora ten.

Un relato fermoso, tenro, divertido e moi, moi educativo.

2 comentarios:

  1. Muchas gracias por vuestra cariñosa reseña del libro. Me siento afortunada de teneros como lectores. Un abrazo,
    Paloma Muiña

    ResponderEliminar
  2. Gracias a ti por visitar e comentar o noso modesto blog. Unha aperta,

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN