2/9/10

SEN MIRAR ATRÁS


Chegou setembro e toca, unha vez máis, empezar de novo.
Pasaron xa os días de lecer, descanso e desorde horaria. Uns os aproveitamos para viaxar e coñecer outras culturas e paisaxes, outros para relaxarse ao sol, sen pensar nin preocuparse por nada, outros adicados ao traballo e o estudio (nuns casos obrigado, noutros voluntario), outros de festa en festa, de concerto en concerto ...
Hai tantas maneiras de ser feliz en vacacións coma xeitos de vivir ou de pensar.

Despois desta longa paréntese atrás quedaron as preocupacións e o cansancio. E para recordarvos que o que está por vir sempre pode ser o mellor das nosas vidas e que é posible deixar atrás todo o que nos fixo sufrir no pasado, unha recomendación especialmente emotiva para nós:


Sen mirar atrás de Dani Montero ven de ser presentada no Festival da Banda Deseñada de A Coruña Viñetas desde o Atlántico despois de ser galardonada co Premio Castelao 2009.

Nela coñecemos a impactante aventura que viven Jaime e o seu can Toby despois de decidir dar un cambio radical nas súas vidas. Unha historia sobre a amizade e sobre as segundas oportunidades que non vos deixará indiferentes e que, de seguro, disfrutaredes ata a última viñeta.
En palabras do seu autor, a quen tivemos a sorte de coñecer no Expocómic 2009:

"É unha historia sobre a amizade (...) porque incluso nas situacións máis
desoladoras nos vemos necesitados de compaña. (...) Creo nas segundas
oportunidades, son consciente de que o perdón non é fácil e quería contar unha
historia sobre a capacidade humana de equivocarse, cambiar e
rehabilitarse."
Excelente aperitivo comiquero á espera do Expocómic 2010 para o cal o equipo da biblioteca está xa a quecer os seus motores ...
Quen creedes que nos visitará este ano?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN