6/7/10

AUTOCRÍTICA



Nestas datas de merecido descanso, tras os intensos e, ás veces, difíciles días de fin de curso invitámosvos a reflexionar sobre o noso labor docente.

Somos educadores, "conductores", guías especializados na fermosa e, para algúns, moi dura viaxe cara a aprendizaxe. Pero... nunca vos facedes preguntas coma estas?

  • Estamos a facelo ben?

  • Somos realmente competentes nas 8 competencias que avaliamos?

  • Sabemos expoñer, escoitar, dialogar?

  • Somos tolerantes, respectuosos, solidarios?

  • Atendemos realmente á diversidade?

  • Sabemos traballar en equipo?

  • Sabemos convivir?

Tres lecturas para axudarnos a responder a estas preguntas, para reflexionar e, sobre todo, para animarnos a seguir traballando por MELLORAR.

Manuel Álvarez e Juan López, La evaluación del profesorado y de los equipos docentes, Síntesis, 2000.


Un interesante modelo de autoavaliación para equipos docentes implicados na innovación e o progreso.





Tina Blytlhe, Howard Gardner, La inteligencia práctica, Santillana, Aula XXI.

Exemplos prácticos e moi útiles para o desenvolvemento da intelixencia práctica na escola. Actividades a partir das cales axudar a cada alumno a desenvolver as súas habilidades persoais e a superar pouco a pouco as dificultades.

José Antonio Marina, La inteligencia fracasada, Anagrama, 2005.
Unha clarísima e moi lúcida exposición de cómo se pode malograr a intelixencia por factores externos coma os medos, os afectos ou unhas metas equivocadas.




1 comentario:

  1. Penso que estades a facer un bo traballo,xa que os libros que recomendades,a min,polo menos,fanme distraerme e reflexionar sobre o que realmente é o importante.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN