17/6/10

LECTURAS DE VERÁN

Remata o curso e en menos dunha semana as nosas portas quedarán pechadas.

Xa o sabemos, xa, moitas de vos non ides poder conciliar o sono pensando en todos ese libros sos e abandonados.... todos eses que non tivéchedes tempo de ler durante o curso e que vos gustaría saborear coa pracenteira lentitude do verán e as merecidas vacacións.

É por iso que por primeira vez algunhas afortunadas ides levar para a casa un lote de LECTURAS DE VERÁN.

Os requisitos para este privilexio:

  • Un destacado curriculum de lectura neste curso.
  • Ter pertencido ao Club de Lectura.
  • Non ser morosa reincidente.
  • Ter coidado e mimado cada exemplar da nosa biblioteca que pasou polas túas mans.

Estas na lista de afortunados?

Apresa, pásate pola biblioteca, infórmanos das túas preferencias e xunto co teu boletín de notas levarás a túa bolsa de LECTURAS DE VERÁN.

Tal vez teñas que sacar a cámara para retratar a algún compañeiro de lecer contaxiado de "literaturite". ;-)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN