3/6/10

El salvaje, Antoni García Llorca

Bernabé, con tan só oito anos, foi vendido polo seu pai a un terratenente que o levou á montaña a traballar de cabreiro. Alí aprende o oficio do seu predecesor e, cando este marcha, queda abandonado á súa sorte.


Bernabé sobrevivirá só na montaña, en convivencia con lobos, águias, cabras e a fermosa historia de Odiseo que alguén lle relatará e que acabará na súa mente fermosamente mesturada coa realidade. No mundo de Bernabé existen Polifemo, Nadie, as Sereas ou as flores de loto que provocan o esquecemento.


Pero, paradóxicamente, será cando o devolvan á civilización cando descubra o que son a burla, a mentira, o desprezo a traizón e a crueldade.

Unha brillante novela de Antoni García Llorca, escrita nunha prosa rica e moi coidada, que foi merecedora do Premio Gran Angular 2009 e que nos invita a reflexionar longamente sobre os conceptos de civilización e educación, sobre a familia, a tenrura, o respecto pola natureza, a honestidade e a supervivencia.

Unha lectura moi recomendable tanto para un club de lectura como para o traballo nas aulas acompañada da inesgotable Odisea e de outras obras inspiradas na vida de nenos salvaxes coma O libro da selva, Tarzán ou a película de F. Truffaut O pequeno salvaxe.
Aquí tedes os recursos que a editorial SM pon á vosa disposición para traballar antes, durante e despois da lectura.
Se andabades á procura dunha boa lectura para programar nos vosos itinerarios lectores para o vindeiro curso non busquedes máis, aquí a tedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

PASEN E VEXAN