19/5/10

Recursos TIC


Ás veces non é doado localizar recursos TIC útiles e ben deseñados cos que traballar nas nosas aulas ou a partir dos cales ser quen de crear as nosas propias actividades.

Por outra banda, con frecuencia, atopámos nos blogs ou portais que visitamos magníficos recursos para distintas especialidades e niveis que quereríamos compartir cos compañeiros que comparten con nós esta paixón pola incorporación das TIC no labor docente. Sen embargo, case sempre acabamos perdendo esas referencias ou enlaces no medio das innumerables tarefas que ocupan o noso tempo e as nosas saturadas neuronas.

Este novo sitio que hoxe queremos presentarvos, o noso SITIO de RECURSOS TIC para docentes, será dende hoxe o lugar onde compartiremos con vos todos eses magníficos tesouros.

Trátase dun sitio VIVO,

  • que iremos enchendo con todos aqueles materiais e enlaces útiles e interesantes que atopamos no noso camiño e con todos aqueles que vos, lectores e seguidores de Ars Legendi, queirades aportarnos.

  • e que procuramos organizar temáticamente dun xeito cómodo e sinxelo.
Un modesto ESLABÓN na fermosa cadea de colaboración e solidariedade que é a WEB 2.0 que estará á vosa disposición na nosa barra lateral e que esperamos vos sexa de utilidade.

2 comentarios:

  1. Como sempre pasa coas cousas boas, topei co voso blog de casualidade e con esta entrada que me parece xenial.
    Se me dades permiso enlázoa no meu blog de clase.
    Saudiños.
    Mª Jesús

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN