9/5/10

"A PAIXÓN DE ALEXANDRA"


Alexandra estudia bacharelato nun instituto de Barcelona, adora as novelas de Murakami e a música de Björk, viste sempre de escuro e ten na súa habitación (chea de libros e adornada cun poster de Brad Pitt no Tibet) o seu refuxio favorito.
Eva comparte estudios con Alex, fala o catalán con acento porteño e ven de deixar atrás un doloroso drama familiar.
Unha máxica faisca acéndese entre elas. Esa emocionante sensación de comprenderse só con mirarse, de sentirse felices falando, paseando ou perseguindo xuntas un misterioso personaxe que se comunica con elas a través de libros: os volumes de poesía que "libera" nun xogo de Bookcrossing, sempre da mesma autora: Alejandra Pizarnik.

Animádevos a descubrir con elas a identidade dese misterioso lector, de seguro que despois desexaredes saborear a poesía de Alejandra Pizarnik, a prosa de Murakami e descubrir a música de Björk.



Pero OLLO!, este libro de Xulio Ricardo Trigo non o atoparedes na biblioteca.
Non o busquedes no catálogo, nin llo pidades ás profes bibliotecarias.
Non aparecerá.
Este libro será liberado no centro na vindeira semana, despois das Letras Galegas ... se o atopas, segue as instrucións que o acompañan.

1 comentario:

PASEN E VEXAN