24/5/10

Milu

Kalandraka ven de editar este "libro solidario", escrito por Manuel Rivas e ilustrado por Aitana Carrasco. Premendo na imaxe da esquerda podedes ler un artigo sobre a presentación do libro.

Milu é unha nena que, coma outros nenos e nenas, chega a un centro de acollida, por esas circunstancias da vida que non sempre son favorables. Chega acompañada da súa mellor amiga Nana (unha televisión pequena regalo do seu pai). Non conto máis salvo que neste mundo de Milu, un pouco volto do revés, hai lugar para a esperanza.

Ademáis de ser un libro moi emotivo, ten a vantaxe de que mercando un exemplar contribúese co 10% do importe do libro á Fundación Meniños. Aparte disto, Manuel Rivas doa o importe dos dereitos de autor á mesma fundación.
Para vos familiarizar con ela non tendes máis que premer na seguinte imaxe:

Por si vos apetece escribir algún comentario sobre o libro, atopei o blog da ilustradora, facilítovos o enderezo:

Non atopei blog de Manuel Rivas, se cadra alguén pode aportar a información, pero si que podedes saber máis sobre el no seguinte enlace:


(Gracias ao comentario de Ronsel xa temos a dirección do blog de
Manuel Rivas: http://manuelrivas.blogaliza.org)




2 comentarios:

  1. A min tamén me encantou este libro:
    http://trafegandoronseis.blogspot.com/2010/05/milu.html
    O blogue de Rivas é:
    http://manuelrivas.blogaliza.org/
    Saúdos

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN