28/5/10

Mi hermano el genio, Rodrigo Muñoz Avia





Quen ten irmáns ben sabe o que son as inevitables e moitas veces molestas comparacións: pais e nais, avós, amigos, profes e coñecidos caemos con frecuencia na trampa de comentar o distintos que son ou o moitísimo que se parecen, o ben que se lles da unha cousa ou o mal que se lles da a outra...


Puf! Lola ten un irmán que é un xenio e non lle resulta nada doado atopar o seu sitio. Os pais de Lola son músicos e Gracián, seu irmán, un virtuoso do piano. A vida na casa xira en torno ao seu estudio, os ruidos están prohibidos e a súa concentración é sagrada.


Lola estudia violín porque a obrigan seus pais pero o que máis lle gusta neste mundo e xogar ao fútbol, e ademáis o fai moi ben.


Seus pais, obsesionados co magnífico talento de Gracián, semellan non apreciar as cualidades de Lola pero algo fará que todos eles reparen os seus pequenos erros e Lola e Gracián terán moito que ver nese magnífico cambio.


Un relato divertido e moi emotivo de Rodrigo Muñoz Avia gañador do Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil 2010 e que fai disfrutar e tamén reflexionar a nenos e adultos. Unha vez máis (non líchedes aínda a súa obra Os perfectos?) o autor fai gala da súa habilidade para analizar con ollo crítico o mundo dos adultos dende a divertida e constructiva mirada dun neno.
Un fermoso libro para ler e comentar en familia.

1 comentario:

  1. Tomamos nota desta recomendación de lectura, compis de Ars Legendi.
    Vémonos o sábado!
    Saúdos.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN