7/5/10

GRAZAS!

Neste "fermoso" día de choiva recibimos unha noticia que nos fai moi felices. Este blog, Ars Legendi, foi premiado na categoría de Bibliotecas Escolares no IV Premio Edublogs da Asociación Espiral.
Sentímonos especialmente emocionadas por ser o segundo ano consecutivo en que o xurado recoñece o noso traballo.
Dende este rincón da blogosfera queremos
  • dar as grazas a todos os que valoran o noso esforzo e se alegran con nós por este recoñecemento.

  • felicitar ao blog Mireu què fem a la nostra biblioteca que acadou o primeiro premio.

  • dar a noraboa aos compañeiros de As Mariñas cos que viaxaremos felices a Madrid o vindeiro 5 de xuño.

  • e tamén felicitar a todos os blogs finalistas, especialmente á Biblioteca do Colmeiro, coa que queremos compartir este premio.

19 comentarios:

  1. Noraboa!!!! Un premio máis que merecido. Vémonos en Madrid!!!!!!!
    Saludos desde Betanzos

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas grazas por este comentario. Alegrámonos tanto ou máis que se no lo deran a nos. Somos uns privilexiados por ter uns compañeiros así.
    Unha aperta enorme.

    .P.D: Ao final creo que tiña razón eu, Susana.

    ResponderEliminar
  3. Parabéns!!!!
    Unha merecida recompensa ao magnífico traballo que estades a desenvolver.
    Apertas con Buxainas!!!!

    ResponderEliminar
  4. Parabéns Mar, para nós, que coñecemos ben o voso traballo, e despois de tantas e tan fermosas lecturas compartidas, é un placer sabervos gañadores de tan merecidísimo premio. Apertas orgullosas!!

    ResponderEliminar
  5. Moitísimas grazas, de corazón, por todos os vosos comentarios. Ana, desta volta acertaches ti, pero para a vindeira...

    ResponderEliminar
  6. Parabéns, parabéns, parabéns.
    Merecedes o 1º Premio, sería máis xusto.

    ResponderEliminar
  7. Fantástica nova. Alegrámonos un montón.

    ResponderEliminar
  8. Que bon, que ben! Parabéns por ese recoñecimento a un traballo enriquecedor.
    Maria

    ResponderEliminar
  9. Moltes felicitats! Nos alegramos de compartir con vosotros el reconocimiento de estos premios, Deseando conoceros en persona y agradeceros vuestro apoyo. Nos vemos en Madrid!

    ResponderEliminar
  10. Parabéns. Está ben que recoñezan o traballo...

    ResponderEliminar
  11. Enhorabona pel premi y pel vostre blog.
    Teniu un blog preciós.
    Parabéns.

    ResponderEliminar
  12. Noraboa polo premio. Sodes un dos nosos blogs favoritos dende hai moito tempo.

    ResponderEliminar
  13. Parabens, Mar, por este traballo que tanto nos gusta. Facendo lectores, facendo biblioteca...tódolos días!
    Apertas e aplausos
    olga

    ResponderEliminar
  14. Pois... Xa está todo dito. O esforzo recibe recompensa, aínda que a maior recompensa é a excelencia...Noraboa!!

    ResponderEliminar
  15. Parabéns. Aledámonos un montón por este premio tan merecido.
    Unha aperta desde Taragoña

    ResponderEliminar
  16. Noraboa de novo.A todos nos gusta que se nos valore o traballo ben feito pero a mellor recompensa é saber un mesmo que cada dia nos levantamos para facer un bo traballo.
    Unha grande aperta desde Santiago.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN