17/4/10

LECTURA PUNK

Se añoras a forma de vivir en pensar dos oitenta, se non atopas un lugar nesta sociedade, se estás enfadado con todo e con todos, se te sintes un punk no século XXI dsifrutarás destas dúas lecturas.

1. Corazón de Napalm, de Clara Usón (Premio Biblioteca breve 2009) preséntanos en capítulos alternos as vidas de Fede e Marta.
Fede é un adolescente que quere ser coma Sid Vicious, un rapaz fillo da droga, a marxinación e a irresponsabilidade, que odia a escola, as normas, a sociedade. Fede detesta á súa madrastra e quere volver como sexa aos brazos dunha nai que tenta sobrevivir cunha terrible carga, ser toxicómana e seropositiva. Marta é unha prometedora artista que busca un futuro en Barcelona. Unha pintora que sobrevive a base de ensinar pintura nunha escola privada e colaborando cun vello pintor de sona que precisa de mans novas para expresar as súas ideas creativas.

Dúas vidas nun principio distantes e completamente alleas que acabarán confluindo. Unha historia dura e cruel como a música punk que acompaña as súas vidas.



2. Deseo de ser punk, de Belén Gopegui é unha carta (diario, confesión...) de Martina.

Martina ten 16 anos e vive no seo dunha familia acomodada, unida e feliz. Os seus resultados académicos son brillantes, o seu futuro prometedor. Pero un bo día Martina cambia. Deixa de prepararse para os exames, deixa de agradar aos seus pais, deixa de facer o correcto. Martina está perdida e contempla a distancia xeracional entre ela e seus pais coma un abismo. A proba é a música, "eles teñen a súa música, eu non atopo a miña". Un magnífico retrato dos pensamentos e as emocións dunha adolescente desorientada. Unha novela pragada de referencias musicais, de letras que fan pensar, de voces que fan sentir, de amizades profundas e sinceras, de emocións contradictorias, difíciles, fermosas, dun irreprimible desexo de rebelión e de cambio.



Se algún día quixeches romper con todo, acabar coas convencións e as normas ... ser punk, disfrutarás destas dúas lecturas.

8 comentarios:

  1. Seguimos e admiramos o voso traballo dende hai moito tempo, así que este pequeno agasallo é para vos.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns, sodes finalistas de ESPIRAL !!!
    Agora a pola buxaina.
    Apertas de mel dende Fene

    ResponderEliminar
  3. Mil grazas polo agasallo aos compañeiros do Colmeiro, e polos parabéns, querida Loly. Todos os blogs de bibliotecas galegas son finalistas xunto con nós pois sen eles este non tería sentido.

    ResponderEliminar
  4. Acabamos de coñecer a nova de que sodes finalistas de edublog. Alegramonos moito de que se recoñeza o labor dun blog que admiramos. Sorte na final.

    ResponderEliminar
  5. A nosa noraboa dende Silleda, compis de Ars Legendi.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  6. Hoxe, si: pasamos por aquí moitas veces, aínda que non deixemos comentarios por falta de tempo. Agora non podemos deixar de vos dicir que admiramos o voso traballo e nos alegramos de terdes sido seleccionados en Edublogs. Moita sorte para a final!!
    Maria

    ResponderEliminar
  7. Temos un agasallo para vós no noso blog (http://unhalagoadelibros.blogspot.com)
    Moita sorte en Edublogs.

    ResponderEliminar
  8. Moitísimas grazas polas vosas palabras. Unha aperta dende A Baña.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN