24/4/10

Grandes autores para pequenos lectores


A editorial Alfaguara estrena unha nova colección de álbumes. Unha colección ideada e dirixida por Arturo Pérez Reverte e que pretende animar aos grandes autores de literatura para adultos a escribir historias para nenos e ao tempo acercar aos máis pequenos á obra deses ilustres autores.

A colección chámase "Mi primer..." e estréase con dous grandes nomes:




O primeiro cóntavos a historia dos 300 espartanos que deron a súa vida na batalla das Termópilas, historia que coñecemos gracias ao pequeno hoplita, un neno que acompañaba a Leónidas e os seus valerosos guerreiros e que volveu a Esparta para relatar o que alí sucedera. Unha fermosa e tenra historia de valor e lealdade.

No segundo saberedes o que Fonchito é capaz de facer por bicar as meixelas da fermosa Nereida, a nena que ocupa o seu corazón. Veredes que case nada é imposible e que por amor somos capaces de facer cousas incríbles.

Dous preciosos títulos para ler, ver, escoitar e contar.

Esperan por vos. Están na biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN