27/2/10

PEQUENOS ARTISTAS, GRANDES POETISAS



Onte, 26 de febreiro, último día deste fermoso mes adicado ao Amor e á Poesía, tivo lugar a entrega de premios do I Certame de Acrósticos e de Ilustración de Poesías para Educación Infantil e Primaria.

O salón de actos encheuse ata a bandeira e un público atento e caloroso aplaudiu con emoción cada un dos traballos de ilustración dos máis pequenos.

A continuación, entre risas nerviosas e corazóns palpitantes desvelouse a identidade das dúas gañadoras do Certame de Acrósticos: Andrea e Lucía. Subiron ao escenario a recibir o seu agasallo, o seu diploma e o fervoroso aplauso dos seus compañeiros despois de recitar para todos as súas fermosas creacións.

Aquí tedes a reportaxe gráfica do acto e unha mostra das ilustracións dos pequenos artistas. Pronto teredes cada un de vos un exemplar en formato libro.


ILUSTRADORES E POETISAS on PhotoPeach



MOITAS GRAZAS A TODOS!

E non esquezades asistir á entrega de premios de ESO e ADULTOS que terá lugar o luns 1 de marzo á hora do recreo no salón de actos.

Esperámosvos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN