19/2/10

AMOR POLOS LIBROS, AMOR POLA VIDA

Un pequeno grupo de habitantes da illa de Guernsey ocupados polo exército alemán durante a 2ª Guerra Mundial, ademáis de tentar sobrevivir, poñer a salvo aos seus pequenos e atopar algo con que comer, reúnense semanalmente nunha sociedade literaria.

Cada reunión é un motivo para coñecer unha obra clásica da man de cada membro da sociedade: dende as Meditacións de Marco Aurelio ata as novelas das irmáns Bronte. Cada reunión serve para coñecerse mellor, para sentir a calor da amizade, para esquecer a dura realidade, para descubrir maneiras de entender e interpretar un libro e para probar curiosas creacións culinarias coma o pastel de pel de patata.

Rematada a contenda, unha xoven novelista londinense, Juliet Ashton, recibe unha misiva dun dos membros desta curiosa sociedade e decide viaxar a Guernsey a coñecelos.

A través das cartas que recibe e envía Juliet percorreremos as vidas de todos eles, homes e mulleres con inquietudes e formas de vida diferentes, con preocupacións, sufrimentos e emocións diferentes pero con unha paixón común: A LITERATURA.

Unha novela que nos cativa pola súa portada e o seu curioso título e que consigue atraparnos ata o final.
Fermosa lectura para un Club de Lectura.

1 comentario:

  1. Tomamos nota do libro. Tal como o presentades parece moi atractivo.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN