24/1/10

Miguel Hernández


Poeta español que destacou pola fondura e autenticidade dos seus versos, reflexo do seu compromiso social e político. Nacido no seo dunha familia humilde e criado no ambiente campesiño de Orihuela, de neno foi pastor de cabras e non tivo acceso máis que a estudos moi elementais, polo que a súa formación foi autodidacta.

Naceu en Orihuela (no 1910) e morreu no cárcere en Alacante (no 1942).

Este ano conmemórase o centenario do seu nacemento.

Mentres se achaba no cárcere escribiu "Cancionero y romancero de ausencias" (1938-1941), onde fixo uso de formas tradicionais da poesía popular castelá para expresar nun estilo conciso e sinxelo o seu fondo pesar pola separación da súa muller e os seus fillos e a angustia que lle producían os efectos devastadores da guerra.


No cárcere enfermou. Padeceu primeiro bronquite e logo tifus, que se lle complicou con tuberculose. Faleceu na enfermería da prisión alacantina ás 5.32 da mañá do 28 de marzo de 1942, con tan só 31 de idade.

Webs nas que atoparás moita información sobre o poeta:



[1]

Ropas con su olor,
paños con su aroma.

Se alejó en su cuerpo,

me dejó en sus ropas.

Luchas sin calor,
sábana de sombra.

Se ausentó en su cuerpo.

Se quedó en sus ropas.


[2]

Negros ojos negros.

El mundo se abría

sobre sus pestañas

de negras distancias.

Dorada mirada.

El mundo se cierra

sobre sus pestañas

lluviosas y negras.

Cancionero y romancero de ausencias (1938-1941)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN