20/1/10

O CÓMIC E A VIDA



A pesares do que algúns poidan opinar sobre a sobrevaloración do cómic como xénero literario, cada vez somos máis os que adoramos as grandes pezas desta cativadora combinación de imaxe e texto.
Non vos imos presentar unha interminable lista de clásicos para non perderse nin dos grandes artistas nacionais e internacionais.
Tampouco imos falar hoxe dos cómics que nos fan rir a escachar, que nos levan de viaxe a culturas exóticas e lonxanas ou que nos relatan con ollo crítico feitos históricos ou fazañas heriocas.


Hoxe imos falar de historias sinxelas, cotiás, reais, crúas, duras e á vez moi fermosas, vividas todas elas en primeira persoa e plasmadas en viñetas con tenrura e sincera emoción.

Cristina e Miguel relatan e debuxan en Una posibilidad entre mil a historia da súa filla Laia, quen, a pesar das graves lesións que padece dende o seu primeiro instante de vida, aférrase a ela con forza. Unha odisea de hospitais, probas, rehabilitacións, loita e moito, moitísimo amor. Unha fiel representación do que pasan tantas familias anónimas para proporcionar unha vida digna aos seus fráxiles pequenos.


Os irmáns Judy e Paul Karasic fálannos en El viaje juntos da vida nunha familia de catro irmáns na que o maior deles, David, é autista. Para iso mesturan de xeito orixinal o texto narrativo coas viñetas de xeito que a narración nos mostra a evolución de cada un dos membros da familia, os seus sentimentos e as súas preocupacións sobre o futuro de David mentras que o cómic achéganos pequenas situacións, anécdotas sinxelas que cada un deles recorda ter vivido en compañía do seu irmán maoir.


María e Miguel Gallardo lévannos da man en María y yo de viaxe a Mallorca. María é a filla de Miguel e tamén ten autismo. Un fermosísimo retrato de familia que desborda humor e tenrura a partes iguais e que pronto poderemos ver na gran pantalla...






Moitas nais e pais de rapaces coma María, Laia ou David están loitando estes días por un "Pacto Educativo para todos" no cal estea incluída a atención aos alumnos con Necesidades Educativas Especiais. Se queredes saber máis sobre a súa reivindicación ou firmar apoiando a súa proposta podedes visitar este magnífico blog: Hasta la luna de ida y vuelta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN